first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: direitos  liberdades  manifestaçons  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

logoesculcaGaliza - Esculca - Senhor Delegado, próximas já as concentraçons e manifestaçons dos dias 24 e 25 de julho, dirigimo-nos a V. por meio desta carta aberta para mostrar publicamente a funda preocupaçom que sente EsCULcA pola devaliada situaçom dos direitos e liberdades no nosso país, qualificada por um companheiro do Observatório como “estado de direito de baixa intensidade”.


Non é esta a primeira vez que o facemos. Fixémolo persoalmente, en entrevista que mantivemos cando acababa de ser designado para ocupar o cargo de Delegado de goberno; fixémolo mediante escrito, que diriximos tamén a outras institucións (Defensor del Pueblo), interesando a incoación de expediente disciplinar aos axentes que incumpren as obrigas regulamentares de identificación; fixémolo ainda unha terceira vez, novamente por escrito, para o informar que a Oficina da Defensoría del Pueblo emitira unha Recomendación, en resposta precisamente á queixa presentada por Esculca, en que demanda a adopción de medidas a fin de dar cumprimento ao dereito cidadán a identificar os axentes policiais, incluídos -expresamente- os membros das unidades antidisturbios. Nese último escrito, instámolo así mesmo a que, no ámbito das súas competencias territoriais, emita ordes de servizo destinadas a aseguraren esa identificación efectiva das policías actuantes en cada ocasión.

A preocupación que con esta carta, agora publicamente, lle trasladamos non se basea en apriorismos abstractos. Dende xaneiro de 2011, o noso Observatorio ven documentando, por medio de relatorios elaborados a partir do traballo de observación directa, as limitacións de que é obxecto o exercicio do dereito de reunión e manifestación no noso país.

Nese período constamos que as Subdelegacións de Goberno, actuando por delegación de competencias do órgano de que V. é responsábel máximo, procederon a prohibir manifestacións amparándose en óbices legais puramente formais e ignorando interesadamente a xurisprudencia que califica o dereito de manifestación como un dereito de configuración constitucional e non legal. Constatamos tamén que se produciron actuacións policiais coercitivas (nomeadamente cargas policiais) nidiamente afastadas do principio de proporcionalidade. E observamos, e documentamos, o xeneralizado e doloso incumprimento da obriga regulamentar de identificación dos axentes policiais actuantes, xa fosen membros da policía nacional ou da garda civil.

Certo é que, cronoloxicamente , moitas das actuacións policiais referidas son anteriores ao seu exercicio do cargo mais, lamentabelmente, a executoria en materia de dereitos e liberdades da actual Delegación de Goberno é decepcionantemente análoga ao do seu predecesor. Abonda con revisar os resumos de noticias de EsCULcA referidos aos dous primeiros trimestes de 2012 para comprobar a continuidade da anterior actuación administrativa, chegándose nalgún caso a situacións tan esperpénticas como a que protagonizou a Subdelegación do Goberno de Pontevedra o pasado 4 de xuño ao prohibir unha manifestación apenas dous minutos despois de os convocantes rexistraren a comunicación.

Mais se algunha dúbida podía ainda existir sobre os criterios que inspiran a actuación da Delegación do Goberno, un episodio recente veu confirmarnos a necesidade desta carta aberta. A Subdelegación da Coruña prohibiu hai uns días, en dúas ocasións, unha das manifestacións previstas para o 24 de xullo alegando que o percorrido e horarios comunicados coinciden con grandes aglomeracións de persoas, sen que a proposta do grupo convocante de modificar percorrido e horario fose tida en conta para rectificar tan arbitraria decisión (emendada pola xurisdición).

Un acto administrativo coercitivo infundado convértese así, mais unha vez, na limitación dun dereito fundamental, expresión dunha potestas máis proxima do concepto de orde pública preconstitucional do que da actuación que en boa lóxico esperaríamos dunha autoridade gobernativa que exerce o seu cargo cando xa van máis de trinta anos de consagración constitucional do dereito de manifestación.

Cada ano, os días 24-24 xullo Compostela reúne unha pluralidade de colectivos que aspiran lexitimamente a exercer o seu dereito a liberdade de expresión por medio da reunión pacífica. Con máis motivo nunha situación como a que afronta nestes momentos a sociedade, que ve como se recortan non só as liberdades públicas senón tamén, e drasticamente, os dereitos socias e económicos.

Sr.Delegado do Goberno, non son estes momentos de deitar gasolina ás chamas. Antes ben, extremar a mesura na adopción de medidas restritivas de dereitos civís e esixir ás persoas encarregadas de facer cumprir a lei que cumpran ellas tamén coas súas obrigas regulamentares non é que sexa o mellor, é que é o único camiño razoábel.

Confiemos pois en que esa mesura política se traslade ás forzas policias e os días 24 e 25 de xullo nos sexa dado asistir a unha actuación policial inspirada polo escrupuloso respecto do princípio da lei na súa relación coa cidadanía, ela si obrigada a someterse ao ordenamento xurídico mesmo cando discrepa do seu sistema de valores.

Cos nosos mellores cumprimentos,

Fernando Blanco Arce

Presidente de EsCULcA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.