Os feitos aconteceron alegadamente o día seis de xuño de 2012, cando a letrada dona R G M acudiu a manter comunicación co penado don F.J.F.C. despois de este ter solicitado a sua presenza para recibir asesoramento en varios temas de orde penal e penitenciaria, informar a letrada dos malos tratos sofridos o dia 2 de xuño por obra de varios funcionarios e entregar os documentos necesarios para a formulación antes de vencer o prazo legal de alegacións e recurso contra dous expedientes disciplinarios que lle foran abertos.
A saída da entrevista, sendo aproximadamente as 14-14:30 horas,os tres funcionarios que acompañaban o penado negáronse a entregar a documentación á letrada argumentando que as normas (sen precisar cales) só permiten que os documentos sexan remitidos por correo ordinario.
A Sra letrada manifestou que se trataba de documentos necesarios para o penado poder exercer o seu dereito de defensa e que nunha comunicación anterior non houbera obstáculo normativo algún á entrega de documentación. Cando un dos funcionarios reiterou a negativa a facilitar a entrega dos documentos a letrada solicitou a súa identificación mais o funcionario limitouse a afirmar que o seu nome era Carlos, en comunicar apelidos e número de identificación
Ao estaren sometidos a prazos preclusivos os escritos que había de realizar a letrada nos citados expedientes disciplinarios, a actuación dos funcionarios prexudicou manifestamente o dereito de defensa F.J.F.C.
Agora a Xunta de goberno da corporación profesional compostelá acorda, por unanimidade, o seguinte:
1.- Transmitirlle ao director do centro penitenciario de Teixeiro a preocupación desta Xunta de goberno ante os feitos denunciados pola letrada SRA. G.M. e solicitar desa dirección que se tomen as medidas oportunas para esclarecer o sucedido.
2.-Remitirlle á dirección dese centro penitenciario unha copia do escrito de queixa da devandita letrada.
Contrasta esta acertada actuación do colexio profesional , amparando o dereito de defensa da letrada e do seu titular o preso, coa actitude dos órganos xurisidicionais, de patente inhibición tanto no caso do xulgado de vixilancia penitenciaria da Coruña como no do xulgado de Instrución num. 1 de Betanzos. Nuria Fachal, titular deste último, arquivou por medio dun auto inmotivado e de "formulario" a denuncia penal formulada por Esculca, sen que conste a práctica das mais esenciais dilixencias de investigación. Decisión de inmediato recorrida polo noso observatorio.




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.