Outra volta, e sen ningún tipo de explicación, desenvolvendo unha vez máis a práctica totalitaria que caracteriza á administración sionista, expulsan ao compañeiro Iván Prado, promotor do Festiclown 2010 en Palestina, e mais á intérprete Laila T.Q., despois de máis de seis horas de celas de incomunicación e interrogatorios continuados sen lles recoñeceren ningún tipo de dereito, como o de asistencia letrada, ou intérprete.
Dende ADIANTE queremos expresar a nosa solidariedade cos compañeiros e co proxecto internacionalista do Festiclown 2010, e exixir máis unha vez a disolución do Estado de Israel e o consecuente recoñecemento do dereito a decidir do pobo palestino.
Palestina vencerá!
Disolución do Estado Sionista de Israel!