1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051211_terraGaliza - MpB - Diante operación policial orquestrada nos últimos días contra militantes galegos e galegas pola chamada " Audiencia Nacional", desde o Movemento pola Base queremos comunicar as seguintes reflexións ao conxunto da sociedade galega:


1.-Expresamos a nosa preocupación pola situación dos/as catro compañeiros/as que nestes momentos seguen baixo custodia policial en Madrid, sen que os seus avogados, familiares e compañeiros coñezan absolutamente nada sobre o seu estado físico. Denunciamos máis unha vez a aplicación arbitraria da lexislación "Antiterrorista". Informes anuais de organismos internacionais sobre torturas no Estado español fan que vexamos con especial preocupación este punto. Esa mesma lexislación leva aparellado que teñamos o temor fundado de que, como veu ocorrendo noutras ocasións, a Audiencia Nacional alargue polo seu prazo máximo de catro anos a prisión preventiva á espera do xulgamento, decretada hoxe para catro persoas que ainda son xuridicamente inocentes.

2.- Desde o mércores, día no que comenzou este proceso aberto polo tribunal de excepción español, os medios de comunicación públicos e privados deron por sentada a teoría policial en relación a estes feitos, que trataban ás seis persoas detidas até o de hoxe como membros dunha suposta organización terrorista. Á parte de manipular de forma evidente as voces solidarias, non dubidaron en buscar o sensacionalismo barato provocando aos familiares das detidas, e mesmo omitindo a información da posta en liberdade sen cargos da cidadá galega Catalina Alonso. O circo mediático ao que estamos a asistir e a submisión dos medios públicos e privados ás directrices do Ministerio do Interior evidencian o carácter político desta operación e a intoxicación e manipulación á que é sometida a sociedade, proceso que se concreta de maneira especialmente grave nos intentos de criminalización do movemento independentista e popular.

3.- Queremos mostrar a nosa solidariedade coas persoas detidas e a súa contorna. Sabemos perfectamente que esta situación acostuma ser agravada mediante a medida ilegal da dispersión, polo que reclamamos enerxicamente o dereito destas persoas a volver a Galiza. Manifestamos tamén a nosa solidariedade cos centros sociais afectados pola devandita operación, que foron vítimas dunha campaña de acoso policial e mediatico que tiña claramente por obxectivo criminalizalos e desprestixiar o traballo que fan a prol da nosa cultura. Diante desta situación de excepcionalidade xurídica, reclamamos o cumprimento escrupuloso de todos os dereitos das persoas acusadas ou presas e facemos un chamamento ao conxunto da sociedade para reclamar o pleno respecto aos dereitos e liberdades democráticas sen excepcións.

Galiza, 5 de Decembro de 2011


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.