1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

080812 parentesGaliza - Galiza Confidencial - Son máis 79.000 euros axudicados a EULEN polo procedemento negociado sen publicidade para o mantemento de xardíns e a vixilancia dun centro ocupacional en Vigo.


A oposición carga duramente contra a adxudicación a dedo de dous contratos a EULEN, empresa na que é apoderada a irmá de Alberto Nuñez Feijóo. O deputado do PSdeG Juan Carlos Francisco Rivera denunciou onte que o Instituto Galego de Consumo fraccionou de xeito "fraudulento" un servizo para poder darllo a EULEN sen publicidade.

Esta contrata a dedo xa se coñecía dende a pasada semana, denunciada pola CIG. Como explicou GC, a Xunta dividiu o servizo de atención telefónica aos afectados polas preferentes por provincias, para así poder adxudicalo sen ter que sacar un concurso no DOG.

O certo é que estas non son as primeiras adxudicacións da Xunta mediante o procedemento negociado sen publicidade a EULEN. O 10 de xuño a Consellería de Traballo e Benestar dáballe tamén a dedo a esta empresa o contrato para "o mantemento de xardíns na Residencia de Maiores do Meixoeiro en Vigo e na Residencia de Maiores Asistida de Vigo". Son 44.500 euros máis IVE. O 18 de xuño outorgáballe tamén a dedo a vixilancia do Centro Ocupacional de Coia tamén a dedo, por 24.600 euros.

O método destas catro adxudicacións é legal. As administracións poden contratar sen publicidade pequenos servizos, pero están obrigadas a pedir ofertas polo menos a tres empresas do sector. Nin no expediente público dos contratos das preferentes, nin no expediente do contrato dos xardíns de Vigo, nin no expediente público da contrata da vixianza do centro ocupacional figura que a Xunta pedise máis ofertas que a de EULEN.

Ademais, dúas contratas son en realidade polo mesmo servizo, o de atención telefónica polas preferentes. Dividir servizos en diferentes contratos é unha práctica que todos os anos critica o Consello de Contas e común nos casos de corrupción política.

Cuestionado pola prensa, o conselleiro de Presidencia onte declarou que EULEN ten máis de 80.000 traballadores, desvinculando as adxudicacións das responsabilidades como directiva de Micaela Nuñez Feijóo.

Alfonso Rueda tamén asegura que o "único" contrato vixente entre EULEN é o Instituto Galego de Comercio é unha herdanza do bipartito. Na súa versión, o Goberno do PP limitouse a renovar a adxudicación.

Na plataforma de contratos da Xunta GC foi incapaz de atopar rexistro algún do contrato esgrimido por Rueda. É certo que EULEN gañou nestes anos contratos doutras administracións (Consellería de Educación, Concello de Fene, etc.) pero só dende Traballo está a recibir contratas a dedo. En concreto, catro durante este verán.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.