Galiza - QPNC - Cando creamos As Bondades da fala pensabamos en conversas como esta. María “A Cubela” ten 82 anos e unha memoria chea de historia e historias que estamos obrigados a escoitar, conservar e contar. Obrigado tamén é agradecer a colaboración de Ovidio Castro,ceboleiro, isto é natural do Ézaro, que convertiu unha entrevista entre descoñecidos nunha conversa entre veciños. Agradecementos que hai que expandir a Josiño, que non deixou de insistirnos para que coñezamos a historia desta brava muller.
Un deses relatos é o protagonizado por seu pai, Pedro “o das trampas” ou simplemente Pedro, un dos agochados no Monte Pindo máis ilustres. Unha realidade que naceu en tempos da Guerra Civil e da que aínda quedan probas nas covas do Olimpo Celta ou en forma de historias transmitidas de pais a fillos.
Que sirva esta pois como 3ª parte da serie Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo:

Para saber mais:
Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1)
Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0)
Luis Lamela tamén Escapa por Corcubión
Foto: A Cubela con parte da familia na súa casa e antigo bar de Cee
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.