1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210612 cg1Galiza - Galiza Confidencial - [M. Núñez, R. R. Méndez, A. Quian] Hoxe cúmprense 30 días dende que sete mineiros da comarca leonesa* do Bierzo decidiron encerrarse a 3.000 metros de profundidade para defender o seu traballo e a súa dignidade e a das súas familias. GC é un dos poucos medios que baixou ao pozo Santa Cruz, no Páramo do Sil. O fotógrafo Miguel Núñez retratou a loita destes homes baixo terra.


Estamos no pozo Santa Cruz, na localidade leonesa de Páramo do Sil, na comarca do Bierzo. Na bocamina atopamos un debuxo infantil. Asínao Noelia, de 4 anos. É unha mensaxe de ánimo e amor aos homes e mulleres que manteñen a comarca en pé co seu traballo nas minas e unha dedicatoria especial a quen se manteñen firmes baixo terra. Trátase dun dos moitos agasallos e alentos que os nenos dos colexios desta zona enviaron aos sete mineiros que se atopan encerrados na mina, a 3.000 metros de profundidade. Alí abaixo, máis debuxos decoran o angosto e lóbrego espazo que ocupan dende hai 30 días para reivindicar o seu traballo e a dignidade dos mineiros e das súas familias, e protestar polos duros recortes do Goberno central ao sector do carbón.

210612 gc2

Baixamos á mina e atopámosnos con sete homes que acondicionaron unha gruta para subsistir. O lugar é húmido, frío, insalubre, e está atravesado por unha luz fría azul metálico. Os mineiros botan de menos a luz natural do Sol e o ceo aberto sobre as súas cabezas. Esa monocromática experiencia baixo terra desoriéntaos; nunca é día ou noite.

210612 gc3

Teñen unha mesa, lanternas, colchóns inchables, sacos de durmir, luz, ducha e un teléfono a unha distancia duns 600 metros, o cal ten unha explicación: os mineiros obríganse así a camiñar e facer exércicio, ao tempo que procuran tamén certa intimidade.

210612 gc4

Cada día un retén baixa con provisións e cada dous días reciben a visita dun médico. O tempo pásano xogando ás cartas, lendo prensa que lles baixan cada día, falando por teléfono con familiares e amigos, meditando, ou mesmo xogando cunha pelota de fútbol asinada polos xogadores da Deportiva. Neste espazo, varias bandeiras tanto da Ponferradina como do Bierzo danlle vida exterior a esta cova, xunto con mensaxes de apoio de mineiros doutros países de Europa, recortes de prensa, debuxos dos nenos... que decoran o lugar. E xunto cos mineiros hai outra vida máis baixo terra: un paxaro canario encerrado nuha gaiola ao que bautizaron con nome de "O Engano", unha clara metáfora da situación que están a padecer.

210612 gc5

Como na Gran Bretaña dos anos oitenta das duras medidas neoliberais do thatcherismo, cando os mineiros españois expresaron o seu apoio aos compañeiros anglosaxóns, agora chégalles a eles o mesmo respecto dende as illas británicas. E mesmo recibiron o apoio do director de cine social e realista Ken Loach. As súas mensaxes de alento chegaron directamente a esta mina. Un bo exemplo de que a minería é un sentimiento que transcende fronteiras e que pasa de xeración en xeración.

210612 gc6

A súa patroa, Santa Bárbara Bendita, preside esta escea, ocupando un lugar central, flanqueada por dous cirios bordeados por anacos de papel nos que os mineiros deixaron dúas peticións escritas: pola súa saúde e por unha solución ao seu problema.

A mina sempre foi un lugar ruidoso, máis agora está case en silencio. E esa atmósfera de absoluta quietude e silencio resúltalles estraña e case perturbadora aos mineiros de Santa Cruz.

210612 gc7

Nunha táboa van marcando con riscos os días que pasan. Alí, a 30 días e 3.000 metros de distancia dos seus seres queridos, saben que non están sós e que a xente que está fóra é o seu cordón umbilical. Milleiros de compañeiros, familiares, amigos e veciños están aí arriba para defender a súa dignidade e o seu futuro. Pero tamén son conscientes de que simbolizan un dos últimos redutos da loita de clases. Nin o obvian nin o esquecen.

210612 gc8

Din que non se irán até que non acabe o conflito cunha solución para as comarcas mineiras.

A loita pola dignidade continúa 30 días despois a 3.000 metros baixo terra.

210612 gc9

GC quere agradecerlle especialmente ao fotógrafo Miguel Núñez o seu traballo e fai un chamamento aos usuarios a que colaboren economicamente con nós e contribúan a que este tipo de traballos xornalísticos podan seguir vendo a luz. Se queres que un medio independente como GC siga informando sobre a verdade e publicando reportaxes coma esta, doa para que os nosos reporteiros podan seguir traballando.

Esta é unha reportaxe froito do traballo do fotógrafo Miguel Núñez e dos redactores Rosalía R. Méndez e Alberto Quian.

*Nota do Diário Liberdade: A Comarca do Berzo é, em realidade, umha comarca histórica galega que foi dividida por Madrid (sem consulta de nengum tipo) em 1833. A parte oriental ficou conhecida como o atual Berzo, sob administraçom da Comunidade Autónoma de Castela e Leom; enquanto o antigo ocidente berziano é o atual Val d'Eorras, este sim administrado pola Comunidade Autónoma da Galiza. Ainda hoje existem no Berzo áreas esmagadoramente galegófonas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.