1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120526 baronhaGaliza - Cultura galega - Hoxe pola mañá, despois de varios meses de adiamento, comezaron os traballos de recuperación e sinalización do castro de Baroña.


O proxecto, levado a cabo pola empresa Terra Arqueos, acometerase en dúas fases, como sinala un dos arqueólogos do equipo, Ángel Concheiro: "estaremos xuño e parte de xullo e volverase despois do verán, para ver como funcionou o sitio arqueolóxico tralas visitas masivas". Con todo, a idea do equipo é realizar o 90% das actuacións previstas nesta primeira fase, actuando sobre as zonas críticas. "Un dos retos grandes é que se vai deseñar xa un itinerario de visita ao xacemento coas debidas condicións de seguridade, xa que ten unhas condicións topográficas tan complexas que esixe marcar un itinerario". As murallas tamén serán un dos elementos máis intervidos do proxecto, xa que foron as que se escavaron antes e presentan "problemas de interpretación".

O proxecto contempla a reescavación de varias das áreas, "tanto para preparar os itinerarios como para reinterpretar os restos, coñecer a estatigrafía ou poder aplicar o C14" xa que, segundo Concheiro, Baroña "foi un caso perdido para a arqueoloxía galega, xa que un sitio arqueolóxico de características tan colosais non achegou demasiado coñecemento á arqueoloxía galega". Un dos obxetivos será, xa que logo, profundizar na cronoloxía do xacemento.


O proxecto contará co apoio do Grupo de Estudos da Prehistoria do Noroeste, que van traballar para obter estes novos datos dun recinto fortificado máis que singular. "Para min é un castro que evolucionou desde o modelo costeiro típico para constituírse nunha praza forte a finais da Idade do Ferro".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.