1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260412 martires de carral - ilg2Galiza - Causa Galiza - Publicamos artigo do militante independentista Juan Do-Porto a respeito da Revolución na Galiza de 1846 ou máis popularizada como os Mártires de Carral:


A Revolución na Galiza de 1846

Trescentos anos había que, á mesma hora, ao misterioso lusco-fusco do solpor, se vían as armas dos comuneiros de Castela, tintas en sangue e rotas en mil cachos polo chan, vencidos e presos os seus valentes terzos, próxima a caer a coitelo dos tiranos sobre as nobres cabezas de Juan de Padilla, Juan Bravo e Francisco Maldonado. Aquel día era o aniversario da batalla de Villalar.

O día 23 de Abril de 1521 foi esnaquizada a arcubazos e enterrada en sangue a máis heroica defensa dos dereitos e independencia que xamáis puidese ter feito ningún povo da terrra. Contribuíron a esta inaudita inxustiza a traizón dos malos españois por unha banda, e por outro a imprevisión, a lixeireza, a incauta confianza dos xefes do alzamento. Cales foron para España os efectos deste desastre? Arrastrarse desde aquelas polo esfregadoiro da arbitrariedade, do debaldimento, do desgoberno, do despotismo, da decadencia, do embrutecemento, da nulidade pública, do seu servilismo presente, das súas calamidade no vindeiro.

O día 23 de Abril de 1846 foi desfeito a metrallazos o máis xusto arrinque de dignidade e conservación propia, do que presenta exemplo a historia dos nosos últimos tempos, ricos en cada folla dunha sublevación armada por propios e estranos.

Contribuíron a este desastre a má fe, a covarde traizón duns e a neglixencia, a bondade e a precipitación doutros. Ás sete da tarde entregaran xa as súas armas os soldados que compuñan a primeira división do exército libertador e os xefes e oficiais que os mandaban, menos sete destes que se salvaron agochados dentro do mosteiro, e uns 300 daqueles que non entraron nel, e que en varias partidas corrían cheos de asaño e entusiasmo cara Vigo onde esperaban concentrarse Rubín e as súas forzas ao saber da desgracia de Solís.

Tal era o código de procedementos ao que debía cinguirse o consello de guerra erixido no mesón-taberna de Carral, e na súa virtude impuxo a Solís e Velasco a pena de seren pasados polas armas. Dadas as dúas, sacárono da capela no medio dos lamentos e clamores en que prorrompían os 61 compañeiros que o rodeaban. Os seus amigos don Jacinto Dabán e don Fermín Mariné, botáronlle os brazos ó pescozo e cubrían de bágoas a súa face...

Eles ignoraban que tiñan guardada a mesma sorte. Algúns soldados tiveron que rematar este doroso espectáculo arrincando a víctima á forza de entre os seus leais compañeiros.

No medio dunha numerosa escolta e as máns atadas coma un facineroso, conducírono por un carreiro cara o adro da igrexa da parroquia de San Estevo de Paleo, deteuse o cortexo fúnebre e a escolta prepara as armas. Sentido isto polo paciente, e antes de que o xefe puidese dar ningunha voz preventiva, volveuse de súpeto cara á tropa e con voz firme e grave dille:

"Solís nunca foi nin é traidor, e ha morrer non como tal, senón como corresponde a un militar honrado e cabaleiro".

E colocado de seguida de cara á mesma escolta, dá a voz de fogo.

Ás catro da tarde serían cando penetrando outra vez na capela o fiscal militar notificou a don Víctor Velasco e a tódolos capitáns a derradeira sentencia. Aínda que os últimos non esperaban recibir semellante castigo, oíron con serenidade as palabras do fiscal e preparáronse para morrer.

A pouca distancia da aldea empezou a caer a noite, e nun camiño estreito, que daba paso a unha leira contigua, fixeron adiantar e axeonllarse a Velasco, Dabán, Mariné e don Manuel Ferrer.

O coronel Cachafeiro, cumprindo as ordes dos decretos de Villalonga, o coronel Cachafeiro, parte integrante de todos os motíns que en España se sucederon.

A comisión militar instalada o 25 de Abril en Carral é a primeira imitación que os gobernos civilizados de Europa fixeron da lexislación criminal da Francia revolucionaria. A lei do 22 de Prieral, adoptada para facer máis terríbel o tribunal revolucionario, é o modelo da comisión de Carral.

Aquel tribunal non esixía máis que as probas materiais ou morais. A comisión de Carral non recoñecía a deposición das testemuñas. Aquel tribunal non concedía defensor aos acusados. A comisión de Carral non permitiu defensores aos acusados. Aquel tribunal non podía aplicar outra pena que a de morte. A comisión de Carral non podía aplicar, nin aplicou, outra pena que a de morte.

Foto: Causa Galiza - A organizaçom vai homenagear os Mártires de Carral.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.