1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

victoria gc3b3mez mc3a9ndez1Galiza - CSCPPP - No día 8 de marzo, dende o Comité de Solidariedade coas Presas e Presos poíticos/as, súmanse á xornada reivindicativa do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Para elas e eles, "trátase dun día para lembrar a loita histórica de miles de mulleres (moitas de elas aínda hoxe invisibles)coa fin de lograr a súa –nosa- emancipación, e para non esquecer o camiño que nos queda por percorrer para conquistar o noso presente e futuro".


Foto do CSCPPP - No Dia Internacional da Mulher Trabalhadora, o CSCPPP reclama a anistia.

Neste día non esquecen que as mulleres traballadoras (dentro e fora do fogar), baixo o xugo de dous sistemas criminais como son o patriarcado e o capitalismo, seguemos a sofrer a opresión máis brutal, que se acentúa máis se cabe no marco de crise no que seguimos inmersas. As intolerables barreiras ás que nos debemos enfrentar cada día (explotación, invisibilización, violencia, negación de autonomía, etc) seguen sendo incontables, e as súas consecuencias, mortais.

"Por suposto, tampouco queremos esquecernos hoxe de todas as mulleres que loitaron polos nosos dereitos, para que o mundo sexa un lugar mellor e máis xusto. Moitas de elas hoxe están encarceradas. Son presas políticas que, literalmente, deron todo por esta loita e que seguen sofrendo, coa cabeza ben alta, as represalias do Estado. Non debemos deixar que as íllen, encarcelen, torturen", din, e peden "Que o día de hoxe serva tamén para reivindicar a Amnistía, para berrar ben alto que as queremos fóra, con nós, e que con elas e todxs xs demáis rematemos con estes sistemas xenocidas e academos, ao fin, a máis plena igualdade e emancipación".

Sen mulleres non hai revolución!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.