1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

56bb6acfb91bf capturaGaliza - Praça - [Marcos Pérez Pena] Compostela e a Corunha acolherám nos próximos dias mobilizaçons de protesto contra a agressom homofóbica que a passada segunda-feira sofreu um casal em Compostela, um ato que chamou a atençom pola sua brutalidade e pola aparente sensaçom de impunidade com que atuárom os dous agressores. Na Corunha o ato terá lugar sábado e em Compostela as entidades que denunciárom o acontecido, como Ultreia, ainda nom fixárom data.


Ao redor das nove da noite A.R. dirixiuse co seu can a un supermercado situado na Rúa Galeras. Aínda que a súa primeira intención fora a de deixalo atado na porta, a presenza doutro animal impediullo. A.R. entrou daquela na loxa, para perguntar de quen era o can. De inmediato, e sen mediar máis conversa, un home comezou a insultalo, a ameazalo e a chamarlle "maricón". A.R tiroulle unha foto co móvel co obxetivo de denuncialo, o que tivo como resposta que o agresor, que estaba acompañado por un amigo, lle pegase dous socos na cara, facéndolle sangue. "Sidoso de merda, espero que non me contaxies nada", engadiu o atacante.

A.R. chamou a Policía e tamén o seu marido R.B, que se achegou de inmediato ata o supermercado, onde tamén recibiu insultos homófobos por parte dos agresores, de 40 e 50 anos, que foron identificados pola policía. O matrimonio dirixiuse en ambulancia ata Urxencias, para que A.R. fose atendido das feridas. Alí, mentres fumaban na porta, descubriron que os agresores os seguiran ata o hospital. Volveron insultalos e a reclamarlles que lles desen a foto que lles fixeran nun primeiro momento, con tal violencia que mesmo tivo que intervir a seguranza privada do centro hospitalar e o persoal sanitario, que permitiu que a parella se refuxiase nunha das consultas, dende onde chamaron de novo á policía.

R.B. e A.R. abandonaron o lugar en taxi e "practicamente escoltados", ante a aparente inacción dos axentes policiais, que non semellaban apreciar unha ameaza na actitude dos atacantes. Dende alí o matrimonio dirixiuse directamente á comisaría, para denunciar os feitos, constatando con tristura que ningunha das persoas que fora testemuña das agresións os quixo acompañar. A denuncia consta como un "delito de violencia contra a liberdade sexual" e así será investigada.

"Desprotección" ante as agresóns

As entidades de defesa do coletivo LGTBI denuncian ante os feitos que tiveron lugar nesta segunda en Compostela que "as pesoas LGTBI non están protexidas”, como sinala Noel Dopazo, coordinador da Área de Diversidade Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU). Segundo Dopazo “queda moito por facer, mais as políticas LGTBI non están sobre a mesa. As institucións teñen que porse mans á obra e, ademais de xestos simbólicos, o colectivo LGTBI necesita políticas para garantir a súa seguridade e poder ter unha vida digna”. De igual xeito, ALAS-Coruña pide "unha lei que castigue" estes tipo de feitos e "non só os condene".

O pasado mes de xullo o Valedor do Pobo alertou de que a maior parte dos casos de LGTBIfobia "non se denuncian", destacando que no que levaban de 2015 recibira "menos de dez queixas concretas e específicas" procedentes deste colectivo por situacións nas que os seus dereitos foron vulnerado.

Varias das entidades LGBTI amósanse críticas coa Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de persoas LGTBI na Galiza, que ALEAS cualificou como "unha campaña publicitaria que quedou en papel mollado”. A Asociación Nós Mesmas criticara que as emendas presentadas polo PP "baleiraran de contido" a norma, pois eliminaran todo o capítulo de sancións, que no anteproxecto prevía multas de entre 150 euros até medio millón de euros para as infraccións máis graves, e suprimira tamén os protocolos de actuación ante agresións.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.