1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240215 concentGaliza - CIG - A Secretaría das Mulleres da CIG rexeita a reforma 'exprés' da lei do aborto e reivindica o dereito das mozas a decidir.


As cidades galegas acolleron este luns mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega polo dereito ao Aborto, da que a CIG fai parte, en demanda dun aborto libre, gratuíto e sen exclusións para todas as mulleres. A Secretaría da Muller da CIG denuncia que o goberno do PP materializou o abandono do proxecto de reforma integral da Lei do Aborto poñendo en marcha, de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica, o cambio dun único artigo referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento da/os proxenitoras/es.

Nas distintas concentracións convocadas portáronse pancartas da Plataforma e as mulleres congregadas clamaron "Contra a regresión fascista, loita feminista!" ou "Non imos permitir que as poñades a parir", xunto a consignas como "Os do PP: saíde da cova, as vosas fillas tamén abortan" ou "É a nosa decisión, non a vosa imposición".

As concentracións estaban convocadas porque logo de anunciar, o pasado setembro, que aparcaba o proxecto de reforma integral co que pretendía mudar o modelo de lei de prazos por unha lei de supostos restritivos -e que lle custou a dimisión a Alberto Ruiz-Gallardón como ministro de Xustiza-, o PP optou por non abordar o cambio normativo no marco dunha lei ordinaria de axuda á familia, tal e como tiña anunciado, senón a través dunha proposición de lei orgánica presentada polo grupo parlamentar popular no Congreso.

Deste xeito, explica a Secretaria da Muller, Margarida Corral, o PP axiliza os trámites de informes de distintas institucións, para que poida estar en vigor en abril. O texto da proposición tan só contén dous artigos: o que elimina a alusión que permite o aborto sen consentimento de menores de idade maiores de 16 anos e un novo na lei de autonomía da/o doente para facer obrigatoria a autorización.

Ademais, lembra que a lei vixente está pendente de que o Tribunal Constitucional falle o recurso que presentou o PP hai preto de 5 anos, cando estaba na oposición.

Sen necesidade de consentimento noutras situacións

Para Corral, o recente anuncio por parte do Goberno do Partido Popular "é un ataque aos dereitos das mulleres máis novas, unha reforma electoralista e ideolóxica, por parte de quen ten a responsabilidade de garantir os dereitos á cidadanía, tanto os civís, como os culturais, os sexuais e os reprodutivos, non de restrinxilos". Xunto a isto denuncia que a reforma pode supoñer que as mozas en situacións de vulnerabilidade teñan que optar pola clandestinidade, coas consecuencias que isto pode carrexar para a súa saúde.

Nestes senso, a Secretaria de Muller da CIG considera que non deixa de ser curioso que se desposúa ás mozas da capacidade de decidir sobre os seus corpos, que se lles suprima a posibilidade de que poidan prestar o consentimento a que lles practiquen un aborto, cando non o requiren do consentimento de nais e pais para outro tipo de situacións:

• Poden manter relacións sexuais a partires dos 13 anos.

• Teñen responsabilidade penal desde os 14 anos.

• Poden facer testamento desde os 14 anos.

• Poden contraer matrimonio se están emancipadas desde os 14 anos (con dispensa do/a xuíz/a).

• Poden conducir un ciclomotor a partires dos 15.

• Deciden se queren someterse a operacións cirúrxicas e a tratamentos médicos ou farmacolóxicos agresivos a partires dos 16 anos.

• Poden traballar a partires dos 16 anos.

• Poden mercar fármacos sen receita a partires dos 16 anos (e tamén a pílula poscoital).

Dende a Secretaría Confederal das Mulleres da CIG consideran que non se pode permitir outro ataque máis do Partido Popular, quen segue a facer concesións á ultradereita e á xerarquía da igrexa, na contra dos dereitos sociais, sexuais e reprodutivos das mulleres. En palabras de Margarida Corral, esta loita rematará "cando se garanta o dereito das mulleres a decidir sobre a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, e sobre a nosa maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade".

Ao tempo, fai un chamamento a participar na mobilización unitaria do feminismo galego que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 8 de marzo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.