1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

direitoaoabortGaliza - PGDAV - A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de Vigo chama a cidadanía a participar nunha concentración hoxe día 23 de febreiro, ás 20:00 hs na farola de urzaiz en Vigo para amosar total rexeitamento pola nova contrareforma sobre a lei do aborto, do goberno do Partido Popular.


Foto do Diário Liberdade
 
A nova contrarreforma a presenta o Partido Popular ante unha nova cita electoral co obxetivo de contentar ao seu electorado máis ultraconservador e retrógrado, usando os dereitos e liberdades das mulleres como moeda de cambio para tentar gañar unhas eleccións. De xeito apresurado, o goberno do Partido Popular, a través dunha proposición de lei orgánica pretende modificar un so artigo, o que fai referencia ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o permiso dos proxenitores e das proxenitoras se deciden abortar.
 
O aborto de menores sen consentimento paterno, materno ou de títores da menor o ano pasado representou so o 0,44% do total. Nestes casos as mozas tiñan moi boas razóns para non contalo na casa, ou ben por medo, incluso medo físico ou porque están seguras de que van a ser obrigadas a ter ese fillo ou filla por razóns de índole relixiosa.
 
"Este goberno quere deixar as mulleres novas sen ter a capacidade de decidir sobre o seu propio corpo, sobre os seus dereitos sexuais e reprodutivos. Anulalles o dereito á educación, a saúde sexual e a prevención por mor dos grandes recortes nestes temas e iso é o que realmente evitaría embarazos non desexados. As mulleres temos dereito a decidir sobre a nosa sexualidade, sobre os nosos corpos, sobre os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, e sobre a nosa maternidade, con independencia de cal sexa a nosa idade". 
 
Por iso convidan a toda a cidadanía a concentrarse con elas na farola de Urzaiz en Vigo, ás 20:00 hs ao mesmo tempo que en todas as grandes cidades galegas. Porque estarán nas rúas "ata que retiren a nova reforma da lei do aborto. Porque non se pode xogar cos dereitos e liberdades das mulleres, especialemente das máis vulnerable, as mulleres máis novas".
 
"Non imos consentir nin un paso atrás! O noso corpo, a nosa decisión!"

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.