1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marcofeministaGaliza - Conas Ceives - Erguémonos cos posos do noso mundo de cada día. Cada día, 30 mulleres da Galiza perden o seu emprego.Damos un chimpo e saimos da cama. Toni Cantó.Sacúdenos un arrepío. Estos días sonche de moito friaxe e cómpre abrigarse. Até 8.400 mulleres perderon o seu traballo no sector servizos.Preparamos café. Amazon saca á venta unhas camisolas da empresa estadounidense Solid Gold Bomb que promoven a violación e agresión física cara a muller: "Keep calm and rape a lot". Moito café. Ao redor de 37.500 mulleres de entre 15 e 34 anos emigraron dende o 2008. Botamos sucre e removemos ben, con forza. "Keep calm and hit her". Bebemos o café con calma pensando en todo o que faremos no día. A media de ingresos das mulleres sitúanse nos 556 euros, namentres os homes cobran 873 euros. Fregamos a louza do almorzo. Solid Gold Bomb retira as camisolas, procura xustificar a súa misoxinia cun erro de computadora (claro, ninguén le o que poñen as camisolas, plausible) e pide perdón. Perdón? A caso non hai delito? A caso non hai nin unha mera sanción? Abrimos o armario, hoxe tamén vestimos de lilá.


Fartas, cansas, até a cona de que os medios de comunicación só visibilicen a loita feminista o 8 de marzo e, para iso, o fagan de man de persoas adicadas á política e oportunistas que teñen de feministas o que nós de pasivas. Centos, e miles, de compañeiras loitan, loitamos, todos os días na rúa. Convocamos manifestacións, protestamos, organizamos obradoiros, erguemos bandeiras e portamos faixas e sempre, de forma continuada, vémonos obrigadas a defendernos de comentarios machistas e paternalistas.

Vivimos nun continuo 8 de marzo, nunha loita de 24 horas ao día, pero que só se visibiliza, e a duras penas, un día ao ano. Isto vai rematar. O feminismo vai conquistar o calendario. As mulleres e o pobo galego seremos libres. Somos lilas. Somos galegas. Somos mulleres. A nosa revolución galega será feminista ou non será!

Hoxe, 8M + 10, sacamos un novo calendario polo que nos rexiremos como agrupación feminista e animamos a todas as persoas a apropiarse del. A partir de agora, só nos ergueremos cos posos do noso 8 de marzo.

Ningún día sen que se visibilice a nosa loita!

Ningún día sen a a nosa voz!

O calendario será noso!

Combatentes e ceives son as nosas conas da Galiza!

CALENDÁRIO MES DE MARÇO: Descarregar

Foto: Conas Ceives - Calendário.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora