Fartas, cansas, até a cona de que os medios de comunicación só visibilicen a loita feminista o 8 de marzo e, para iso, o fagan de man de persoas adicadas á política e oportunistas que teñen de feministas o que nós de pasivas. Centos, e miles, de compañeiras loitan, loitamos, todos os días na rúa. Convocamos manifestacións, protestamos, organizamos obradoiros, erguemos bandeiras e portamos faixas e sempre, de forma continuada, vémonos obrigadas a defendernos de comentarios machistas e paternalistas.
Vivimos nun continuo 8 de marzo, nunha loita de 24 horas ao día, pero que só se visibiliza, e a duras penas, un día ao ano. Isto vai rematar. O feminismo vai conquistar o calendario. As mulleres e o pobo galego seremos libres. Somos lilas. Somos galegas. Somos mulleres. A nosa revolución galega será feminista ou non será!
Hoxe, 8M + 10, sacamos un novo calendario polo que nos rexiremos como agrupación feminista e animamos a todas as persoas a apropiarse del. A partir de agora, só nos ergueremos cos posos do noso 8 de marzo.
Ningún día sen que se visibilice a nosa loita!
Ningún día sen a a nosa voz!
O calendario será noso!
Combatentes e ceives son as nosas conas da Galiza!
CALENDÁRIO MES DE MARÇO: Descarregar
Foto: Conas Ceives - Calendário.

