Declararnos en rebeldía perante un sistema que nos agrede e explota continuamente.
As mulleres galegas seguimos en loita polos nosos dereitos e imos respostar nas rúas os recortes sociais e a violencia que nos está a roubar o dereito a unha vida digna e plena, con autonomía e soberanía sobre nós mesmas.
Convidamos pois a toda a afiliación a participar da manifestación nacional que terá lugar o vindeiro 9 de marzo ás 12:30hs desde a estación de tren de Compostela.
Trataremos de que sexa unha mobilización como a do ano pasado, con moito colorido, creatividade e combatividade. Porque a alegría é revolucionaria!
AQUÍ podedes ler o manifesto.
A crise patriarcal que a pague o capital!
