1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

2011-mujer-EcofeminismoGaliza - Fiadeiras-CEESG - Os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro de 2012 terá lugar en Compostela un encontro para a reflexión sobre o ecofeminismo en Galicia. Na organización destas Xornadas Ecofeministas: repensando a vida, participamos diferentes colectivos e asociacións comprometidas coa transición cara a un modelo de vida afastado do consumismo exacerbado e da produción sen límite.


A idea desta iniciativa é compartir redes para construír a resiliencia que precisamos na busca de alternativas ante a converxencia de crises mundiais. E, por riba de todo, trátase de visibilizar o traballo e a experiencia das mulleres como intanxible fundamental desta transición, porque son elas quen garanten o benestar e a vida por medio dos coidados que prestan desinteresadamente. Se as mulleres paran… para o mundo.

Convidámosvos a participar e aprender da cooperación necesaria entre o feminismo e o ecoloxismo, dúas forzas transformadoras para (re)pensar o mundo que vivimos e o futuro que queremos.

Agardámosvos!

Foto: Fiadeiras CEESG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora