1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

061012 dividaGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego amosa o seu apoio á campaña e ao manifesto que se presentaron en Compostela onte, 4 de outubro, pola Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres –da que o SLG forma parte- baixo o título "A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos".


A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego apoiará as diversas accións que se desenvolverán na Galiza durante os vindeiros seis meses, e que rematarán o 8 de marzo, por coincidir plenamente coas denuncias e demandas desta campaña.

Dende a Secretaría das Mulleres do SLG denunciamos que as labregas están a sufrir de xeito moi especial esta crise, pois amais de padecer o seu impacto dobremente por ser mulleres, tamén o padecen por vivir no rural, onde as retalladas de servizos, en sanidade, educación ou atención á infancia e ás persoas maiores están a ser moito máis drásticas; e por traballar en sectores que, coma o lácteo, están a padecer a maior agresión da súa historia, que se ve traducida na ruína das explotacións. A crise económica e a vaga de recortes abocará a miles de mulleres labregas a deixar de cotizar á Seguridade Social, a non darse de alta como titulares renunciando así a moitos dereitos ou a ver incrementadas as súas cargas familiares pola falla de asistencia social.

Por todo o devandito, a loita da Marcha Mundial das Mulleres é tamén a loita das labregas do SLG, razón pola que reiteramos o noso apoio activo á campaña "A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.