1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

021210_imigrantesGaliza - Forum Galego de Imigraçom - O Foro Galego de Inmigración vai realizar, de forma pública, unha Solicitude Urxente ao Secretario Xeral de Emigración da Xunta de Galiza, o mércores día 10 de Novembro ás 11:00 h na sede desa Secretaría Xeral de Emigración (Rúa Basquiños nº 2-Santiago de Compostela), con rolda de prensa informativa inmediatamente despois da entrega da mesma, para que faga efectiva xa a habitual Convocatoria de Axudas para Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galicia para este ano 2010.


Xa no pasado mes de outubro transladámoslle ao Sr Secretario Xeral, a fonda preocupación que teñen as Asociacións de Inmigrantes e Emigrantes Retornados de Galiza por esta cuestión. Non obtivemos resposta pola súa parte, pero por parte do funcionariado deste Departamento Autonómico remitíusenos á Convocatoria de Subvencións da Secretaría Xeral de Emigración (DOG 23 de Xullo) dirixida a entidades sen ánimo de lucro. Tratasen de dúas convocatorias ben diferentes, xa que a Convocatoria de Xullo ía destinada cara a ONGs, como o demostra o feito de que as subvencións concedidas ao abeiro desa orde destináronse de forma exclusiva a ONGs que traballan con inmigrantes e emigrantes retornados, pero non a asociacións formadas por estes colectivos. Polo que de ser certa esa información extra-oficial as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados de Galiza quedaríamos sen axuda algunha no presente ano 2010 para desenvolver as nosas actividades. Isto podería supoñer a desaparición práctica de moitas das nosas asociacións, que contan con esas pequenas axudas para manter infraestructuras básicas como os propios locais das mesmas.

No acto, queremos tamén facer público e difundir o importante traballo que as asociacións facemos na integración do colectivo inmigrante e emigrante retornado en Galiza e tamén a importancia que esas axudas, aínda que pequenas, teñen para a subsistencia das mesmas. A situación é ademáis dramática, porque hai bastantes asociacións que xa teñen realizadas actividades ao longo do presente ano 2010 de formación, integración, fomento da interculturalidade, etc e que contan con esa aportación da subvención para cubrir os gastos derivados desas actividades.

Poderíamos considerar razoable, neste tempo de dificultades económicas, un corte orzamentario das mesmas, máis parécenos da máxima gravidade a eliminación desta via de subvención básica e única para o asociacionismo inmigrante e emigrante retornado de Galiza"


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.