1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150915 refugiGaliza - Coletivo Terra - Nesta terra sabemos ben o que unha emigración forzosa supón. Non podemos permanecer impasibles perante a maior crise humanitaria que vive Europa dende a II Guerra Mundial, por iso vimos de presentar este escrito na Casa do Concello de Pontedeume, a nosa pequena achega nesta traxedia:


Centos de miles de persoas foxen da guerra e da miseria en Siria arriscando as súas vidas coa esperanza de atopar un futuro mellor para as súas familias. Mais non debemos esquecer que estas guerras imperialistas, dende o Afganistán ate Siria, pasando por Iraq, Líbia... foron provocadas polos EUA , Israel e a UE que, como se dunha partida de xadrez se tratase, utilizaron o taboleiro de Oriente medio e Oriente próximo para acadar os seus obxectivos xeostratéxicos e seguir a expoliar os recursos (sobretodo enerxéticos) destes paises. E cal é a resposta dos gobernos diante da crise d@s refuxiad@s? Pois a mesma que antes (e agora) cos/coas inmigrantes, levantar máis valados. Pensan que con concertinas van poder frear esta abanlancha de desesperación.

Dende o Colectivo Terra queremos amosar o noso mais fondo rexeitamento á actitude que están a tomar os gobernos europeos nesta crise humanitaria que asola Europa. Mentres @s xefas/es de estado discuten sobre cotas de acollida, pensamos que a sociedade e os concellos como institucións máis cercanas, debemos dar un paso adiante e esixir unha resposta axeitada.

Por iso, propoñemos que o Concello de Potedeume ofreza o albergue de peregrinos para dar aloxamento aos refuxiados que poidan vir. Que se elabore un censo de familias acolledoras que estean dispostas a recibir persoas nas súas casas. ­ Que se faga unha rolda con asociacións e ­institucións que poidan aportar ideas e traballo. ­ Negociar co centro de FP de hostalería para que colaboren na manutención das persoas que poidamos acoller...


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.