1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140915 refGaliza - Verdegaia - Verdegaia respalda que Ferrol e os concellos próximos acollan persoas que foxen cara Europa dende Oriente Próximo e o norte de África.


 Neste sentido, o venres 4 de setembro presentou unha moción para que o pleno do Concello de Ferrol concrete a intención manifestada polo goberno municipal de facer de Ferrol unha cidade de acollida. Insta ao resto de corporacións municipais que aínda non se posicionaran  publicamente sobre o tema a traballar no mesmo sentido.

A asociación considera tamén que as dificultades económicas que sufrimos as persoas da comarca non deben ser desculpa para evadir o problema. Máis aínda, as administracións deben traballar de forma coordinada e eficiente, favorecendo que a cidadanía no seu conxunto, as organización sociais e as entidades privadas contribúan nesta tarefa de acollida.

MOCIÓN PARA PROMOVER QUE FERROL SE CONVIRTA EN CIDADE DE ACOLLIDA PARA PERSOAS REFUXIADAS

A asociación VERDEGAIA (G70060363), ante a gravidade da crise humanitaria que están a vivir as persoas que foxen cara Europa dende Oriente Próximo e o norte de África e atendendo ao artigo 5.d. dos seus estatutos onde se establece como un fin da asociación “Potenciar o desenvolvemento dos valores non violentos e fomentar a cultura da paz, a defensa da xustiza social, a solidariedade e o respecto aos pobos e ás diferentes culturas”, propón ao amparo do establecido no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais elevar ao Pleno Municipal do Concello de Ferrol a seguinte MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Segundo os datos da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) na actualidade hai 51 millóns de persoas necesitadas de protección internacional entre persoas refuxiadas, apátridas e desprazadas a causa dos conflitos, a miseria e a violencia. O 90% destas persoas son acollidas en países empobrecidos, mentres que Europa amósase cada vez máis insolidaria, tentando impedir a súa chegada ao territorio europeo ou aumentando as restricións para conseguir o dereito de asilo. No que levamos de ano constátase a chegada xa de 150.000 persoas refuxiadas principalmente a Italia e Grecia. O goberno español incluso rexeitou por excesiva a proposta da Comisión Europea de acoller no seu territorio ao insuficiente número de 5.837 persoas. Fronte a esta realidade, os concellos e a cidadanía no seu conxunto temos a obriga de traballar para que as administracións competentes garanta o Dereito de Asilo das persoas refuxiadas.

ACORDO

1. Conscientes do drama que están a sufrir milleiros de persoas desprazadas dos seus países de orixe e atendendo ao seu Dereito ao Asilo, o Pleno do Concello acorda facer de Ferrol unha cidade de acollida para persoas refuxiadas.

2. O Concello de Ferrol acorda traballar de forma coordinada co Ministerio de Emprego e Seguridade Social e con outras cidades que están a avanzar no mesmo sentido nos foros que se habiliten para tal fin.

3. Co obxectivo de dar unha resposta axeitada á magnitude da crise humanitaria, primándose as persoas e os dereitos humanos, o Concello de Ferrol defenderá ante o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e os foros habilitados para tal fin a necesidade de aceptar todas as peticións de asilo previstas para o ano 2015.

4. O pleno do Concello de Ferrol comprométese a dar acollida ao número de persoas refuxiadas que se decida atendendo a criterios de equidade e solidariedade entre as distintas comunidades autónomas e cidades.

5. A tal efecto, o Concello de Ferrol disporá os recursos materiais e humanos necesarios para asumir a súa responsabilidade na solución do problema. Así mesmo, favorecerá que a cidadanía no seu conxunto, as organizacións sociais e as entidades privadas de Ferrol contribúan nesta tarefa.

Ferrol, 4 de setembro de 2015


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.