1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

voltaraterraGaliza - Praza - A Galería Sargadelos acolleu este venres a presentación da plataforma Voltar á Terra, impulsada un grupo de galegas e galegos arredor do mundo tras artellar un grupo de traballo que apoiado pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía culminou na creación da plataforma, como explicou Manolo Do Val, pai de moza emigrada e coordinador da iniciativa.


Despois da proxección dun vídeo feito por galegas de todo o mundo lendo un manifesto, Do Val lembrou que en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, e que ademais 200.000 persoas abandonaron Galicia dende o 2007.Pola súa banda, Natalia Cabana, que marcha emigrada a Inglaterra o vindeiro martes, explicou que Voltar á Terra nace coa vontade de xerar conciencia entre as persoas que viven en Galicia e as que que tiveron que emigrar, esixindo entre todas "cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso país e emigrar cando queiramos, e non cando nos vexamos obrigadas a facelo".

Do Val lembrou que en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, e que ademais 200.000 persoas abandonaron Galicia dende o 2007

Esta mesma situación vivírona varias décadas atrás Xosé Lois Leirós e Manuel Domínguez, voceiros dos emigrantes retornados, que chamaron a fornecer ferramentas propias coma a plataforma "para rachar o círculo de dependencia que nos forza a emigrar". Tamén quixo dar o seu apoio Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, que explicou o que supón a emigración desde a perspectiva do familiar e amigo, e interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscar a vida fóra.

No manifesto de Voltar á Terra, que tamén se presentou este venres, destácase que "a emigración non só supón rachar familias e separarse da xente que queremos, senón desvertebrar o noso territorio, introducir fendas xeracionais irrecuperábeis". O texto demanda unha serie de medidas para contrarrestar a actual tendencia, coma "un plano de emprego xuvenil que promova novos espazos de actividade para a xeración de emprego e que potencie o emprendemento", "un plano de apoio ao retornado que permita volver en condicións dignas e con acceso a un posto de traballo digno", o "reforzo dos servizos públicos e contratación de traballadoras no ensino, sanidade e servizos sociais", a "promoción da explotación sustentábel dos nosos sectores produtivos" ou a "derrogación do atraso na idade de xubilación".

O primeiro paso da iniciativa é a recollida de apoios individuais e de distintas entidades por medio da súa páxina web, para que "xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa", facer valer "os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.