1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

imigantesanidadeGaliza - FGI - O Foro Galego de Inmigración , xunto con dezaoito entidades sociales ven de poñer en marcha a web www.salvemoslahospitalidad.org para centralizar todas as accións que rexeiten a  reforma do Código Penal  no referente ao artigo 318 bis.  No caso de concreto de Galicia e como primeiro paso vimos de solicitar unha entrevista con representantes dos diferentes grupos do Parlamento Galego para presentarlles co obxecto de que sexa aprobado no mesmo a Moción "Salvemos a Hospitalidade" que xuntamos no final desta materia.


Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.

Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva na un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

É por iso polo que o FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN xunto coas asociacións ACIA , Andalucía Acoge, APDH-A,  CEAR, Asoc. APOYO, Centro Pueblos Unidos, Federación Mujeres Progresistas,  CAMPAÑA POR EL CIERRE DE LOS CENTROS DE INTERNAMIENTO DE EXTRANJEROS (CIEs NO) , Convivir sin racismo, Médicos del Mundo,  Inmigrapenal, Mugak, OSPDH,  Salvemos la hospitalidad, SOS Racismo, Red acoge, y OSPDH temos posto en marcha unha campaña de actividades que sirvan de impulso ás iniciadas pola plataforma Salvemos a hospitalidade, coa recollida de sinaturas a través da plataforma change.org, a creación da páxina web www.salvemoslahospitalidad, como é a posta a disposición de xeito público de diversos materiais abertos ao uso de todos os cidadáns e organizacións que queiran solicitar a modificación da redacción do artigo 318 bis do borrador do Código Penal que está a elaborar o Goberno.

Para levar a cabo o obxectivo desta campaña as organizacións promotoras decidimos realizar novas accións que poñan de manifesto a necesidade de cambiar a desafortunada redacción do artigo, a través do traballo no plano municipal e autonómico de organizacións sociais e persoas que compartan os obxectivos desta campaña. Así, xa hai algúns Concellos que aprobaron unha moción institucional por unanimidade nos seus plenos municipais a instancia de diferentes entidades sociais locais, na que se denuncia a persecución da solidariedade. O documento da moción encóntrase disposición de todas as persoas e organizacións que queiran impulsar a súa aprobación en municipios de toda España. A este respecto, púxose en marcha o denominado Mapa e galería da solidariedade, ao que se irán engadindo aqueles municipios nos que se aprobe o texto

Na páxina web que abrimos ofrécense, ademais, diversos informes sobre o tema, así como materiais para apoiar esta campaña e buscar novos sustentos: carteis, banners, documentos e mesmo insignias para colocalas en Facebook a xeito de cover, imaxe de perfil, etcétera. Así mesmo, na propia web íranse publicando diferentes noticias, eventos ou actividades que se vaian realizando en torno á campaña Salvemos a solidariedade.

Animamos a todas as persoas a sumarse a esta campaña para tratar de promover un modelo de convivencia baseado na diversidade e na interculturaliedade e que poña en valor de forma clara os valores da convivencia e solidariedade con tod@s @s nos@s veciños.

Moción Salvemos a Hospitalidade

Foto: Periodismo Humano


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.