O dia 11, Rosa Verdugo Matês e Rocío Anabel Rodríguez abordarán a incidencia dos movementos migratorios na economia da sociedade receptora e a integración das persoas migrantes na sociedade galega. O día 12, José Ángel Brandariz e Belén Torrón Ruiz falarán sobre o control de migrantes ao amparo do código penal e a situación dos centros de internamento. Na semana seguinte, o día 17 abordarase o fenómeno, cada vez mais preocupante, da islamofobia en Europa nun debate dinamizado por EsCULcA e o dia 18, sob o título conxunto de "Migración e xénero" Iria Vazquez Silva, Mari Fidalgo e Raquel Doval Lopez tratarán as formas como viven homes e mulleres a difícil travesia de procurar traballo en terra allea.
Ver aqui o cartaz.

