1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

180715 gzGaliza - Galiza Hoje - Kathleen March, catedrática de linguas modernas da Universidade de Maine en Estados Unidos e tradutora de autores de Galiza ao inglés, confiou en non chegar a ver "a morte do galego", unha lingua o futuro da cal dependerá da propia sociedade e do coidado do pobo para trasmitirla de xeración en xeración


Nunha entrevista concedida a Europa Press, March recordou que leva escoitando "preocupacións" sobre a desaparición do galego ou pola perda de falantes dende hai décadas e que, non obstante, aínda "segue aí", aínda que considerou que o destino do idioma "non depende dos políticos". "Depende de vós", engadiu.

"A xente podería falar máis, coidar máis a calidade da lingua, iso sempre, pero aínda está aí. Máis que nada teño fe na importancia da lingua, como parte da identidade galega", destacou, sobre a súa visión acerca da situación do idioma nos últimos anos.

March contrapuxo Galiza coa situación de Estados Unidos onde "o capitalismo está a facer estragos, en todos os sentidos", cunha sociedade "amante das grandes empresas", descoñecedor da historia e onde a cultura "non é cultura nin é nada".

"Mañá poderían dicir que todos imos falar a lingua de Mickey Mouse", ironizou, e que usou para constatar que Galiza "ten máis posibilidades de sobrevivir".

A pesar diso, si escoita e le as críticas de "moitos amigos" sobre a situación do idioma incidindo en que "os galegos que falan galego van poder manter viva a lingua". "Adiante co galego e a seguir tendo orgullo, non cuestionando a súa posibilidade de seguir en pe".

VISIÓN EXTERIOR

A tradutora tamén incidiu en que se incrementou o volume de estudosos de literatura galega no exterior, sobre todo a partir da "aparición de Internet e medios de comunicación" electrónicos que permiten ter acceso a obras ás que antes só podían acceder mediante a compra física en Galiza.

"Hai moito que se pode facer. Somos estranxeiros, e sabemos que existe unha cultura e unha lingua e podemos axudar, a valorar, visibilizar, e a traducir. Temos unha pequena cousa coa que contribuír nese sentido".

March acudiu a Santiago para participar no a XXVIII edición dos Cursos de Lingua e Cultura Galega para estranxeiros da RAG, na que falou sobre a súa investigación da literatura de viaxes por parte de escritoras anglosaxonas que acudían a descubrir a cultura de Galiza.

"Querían coñecer a arte, a historia, a arquitectura. Lían moito sobre a historia da Igrexa", engadiu, aínda que tamén "tiñan outro xeito de ver as cousas" e querían "falar coa xente, observar doutro modo".

Sobre todo, manifestou "moito interese" en comprender o xeito en que se achegaban á poboación para "coñecer as cousas da xente", a súa vida, dado que "practicamente non sabían" galego, e que en aquel tempo España aínda "non era obxectivo de moitos viaxeiros", polo que chegar a Galiza era "máis aínda un desafío".

"O POUCO GALEGO" QUE HAI EN MADRID

Tamén se referiu á polémica mediática sobre unha posible eliminación do nome de Álvaro Cunqueiro dunha rúa de Madrid en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, medida que non é oficial nin está confirmada polo Concello.

Neste sentido, cre que o debate sitúa os galegos "nunha situación difícil" e descoñece se hai "unha boa resposta", aínda que si destacou a Cunqueiro como "un bo escritor" do que se pode analizar, e "gozar" coa súa obra.

A pesar diso, considera que se esta medida se chega a efectivizar e quita "o pouco galego" que hai en Madrid se debería de substituír por outro escritor ou escritora de Galiza.

Foto: Xoán Álvarez

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.