1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260515 cegGaliza - CIG - Aprova a emenda a totalidade presentada pola CIG-Ensino e outros membros do conselho.


O Consello Escolar aprobou este xoves a emenda á totalidade presentada pola CIG-Ensino, e outros membros do organismo, que solicitaba a retirada do decreto de currículo de ESO e Bacharelato, con 20 votos a favor, 17 en contra  e 0 abstención.

Entre mentres, delegados e delegadas da CIG-Ensino concentrábanse diante do edificio Cinc da Cidade da Cultura coincidindo coa xuntanza do Consello.

A CIG-Ensino  baseou  a  solicitude da retirada  do decreto na necesidade  de adiar a aplicación da LOMCE , xa que a estas alturas é unha “chambonada” querer aplicar  un decreto que non vai estar aprobado até agosto ou setembro  e que, porén, os centros teñen que ter como referencia para organizar o curso vindeiro sen coñecer, sequera,  as materias que poden ofertar

 Xunto a isto a  CIG-Ensino defendeu a retirada deste anteproxecto por fixar as reválidas en ESO e bacharelato por estar impregnado de principios neoliberais, inocular unha maior españolización, renunciar ás cativas competencias que ten o Goberno galego para fixar contidos, pola súa confesionalidade, por estar orientado a unha aprendizaxe memorística e academicista, promulgar valores reaccionarios e sexistas, afirmar un sistema clasista, competitivo e segregador ou renunciar á normalización lingüística, entre outras razóns.  

 

A CIG-Ensino motivou ademais a súa emenda porque o decreto:

- Fixa unha ordenación do sistema educativo baseado na segregación con itinerancias desde 3º da ESO.

-        Procura apartar os sectores máis desfavorecidos socialmente do dereito á educación e con este obxectivo estabelécense as reválidas e os itinerarios.

-        Elimina a avaliación continua, desautorizando e menosprezando o traballo do profesorado que pasa a ser un preparador de reválidas no canto de ser docente.

-        Baixo o ensino integrado das linguas, procúrase a asimilación lingüística, negando o conflito  lingüístico e a discriminación e substitución lingüística.

-        Non se recollen como materias de libre configuración a Literatura Galega do Século XX e da Actualidade, Xeografía e Hª de Galiza, Xeoloxía, Literaturas Hispánicas, Literatura Universal Contemporánea etc. 

-        Non se aposta pola lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira.

-        Non se explicita nin se garante que o alumnado poida elixir calquera das materias específicas e de libre configuración e a súa impartición vai depender do número de alumnado.

-        Non se estabelecen medidas concretas para a atención á diversidade.

-        Os desdobres non se contemplan, cando son imprescindíbeis en materias como os idiomas estranxeiros, materias prácticas, etc.

-        Suporá perda de postas de traballo, incremento de impartición de afíns e unha nova reconversión do profesorado.

-        Non contempla a redución das ratios a 20 alumnos/as máximo en ESO e 25 en bacharelato.

-        Estabelece as reválidas como requisito imprescindíbel para obter a titulación da ESO e de bacharelato.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.