1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260115 legGaliza - LEG - O ministro de educación, Wert, pretende pasar o grao universitario de 4 a 3 anos, aumentando a duración do Mestrado a 2 anos. Trátase dunha estratexia do PP para privatizar o ensino universitario, e empeorar a súa calidade.


Actualmente, o título de Grao dura 4 anos, a excepción de Arquitectura, Farmacia, Odontoloxía, Veterinaria e Medicina, que duran 5 ou 6 anos. Para completar o proceso de aprendizaxe e especializarse é necesario facer un Mestrado, que dura entre 1 e 2 anos. Comunmente, falamos dos sistema 4+1, catro anos de Grao e un ano de Mestrado. Mais a nova proposta que quere implantar o Partido Popular, xa nos fala do sistema 3+2, sacando un ano do Grao e aumentándoo no Mestrado. Pode parecer un simple cambio estrutural, mais trátase dunha estratexia de privatización por parte do poder para saquear o ensino público, alén de empeorar a formación das estudantes ao recortar un ano das titulacións.

A última estatística de prezos públicos universitarios, publicada na web do ministerio de educación, mostra que estudar un ano de Grao na Galiza custaríalle a unha estudante 713,40€ de media; estudar un ano de Mestrado custaríalle 1.501,80€ de media. É dicir, estaríamos pagando máis do duplo con este novo cambio no sistema universitario.

Por outra banda, ao permitir que unha titulación dure só tres anos, estase empeorando a calidade do ensino universitario. Un ano menos supón unha peor formación para universitarias. Isto vainos obrigar a ter que cursar un Mestrado, ao cal moitas non poderemos acceder xa que para obter unha bolsa é necesario ter unha media notábel.

Esta estratexia do Partido Popular é un dos tantos motivos polos animamos ao estudantado galego a baleirar as aulas no 26F, folga estudantil, para loitar por un ensino público e galego!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.