1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

8245021959 ca75e7d445 zGaliza - Diário Liberdade - [Pedro Cortegoso Gago] Cando se debate sobre a lingua sempre aparece pola porta unha persoa de Valladolid que é incapaz de comprender o galego e á que queremos obrigar a usar esa lingua incomprensíbel para el ou ela. Esa persoa é capaz de condicionar un grupo de xente para que modifique o seu xeito de usar e pensar sobre o galego, e como e onde se debe empregar. Esa persoa é unha tarxeta vermella para impedir o uso normal da nosa fala.


Foto de Julia Cabrera (CC by/2.0)

Que terán en Valladolid para estar incapacitados para aprender un idioma? Acaso os galegos e galegas que foron polo mundo non foron capaces de dominar o inglés, o alemán, o holandes  ou calquera outro, sendo moitos deles analfabetos e sen estudos? Por que ingleses, cataláns, de flandes ou rusos son capaces de integrarse en Galiza aprendendo a súa lingua, usándoa habitualmente, e esa persoa de Valladolid non?

Dá que pensar. Acaso non será unha escusa para agochar unha posición ideolóxica ou para tentar tapar un auto odio e un sentimento de inferioridade fronte o que ven de fora? Non estarán cargando os e as valisoletanas cunha culpa que é propia dos que consideran o galego como unha lingua de segunda categoría?

Realmente o que se pretende con este argumento absurdo é situar o galego nunha situación de inferioridade fronte o idioma “nacional”, o do estado, o de “todos”. O sarcástico do asunto é a transformación que se fai da vítima en verdugo. O galego pasa de ser un idioma desamparado e agredido a ser un idioma agresor e imposto. U-la imposición?

Esta forma de pensar e argumentar é propia de partidos e organizacións como PP, UPyD, Galicia bilíngüe, etc., mais ultimamente tamén é asumida por persoas e organizacións que se din progresistas e de esquerdas. En nome dunha suposta liberdade idiomática, dunha liberdade de elección persoal, coinciden cos elementos máis reaccionarios da sociedade, os que usaron unha falsa imposición para enfrontar a unha parte do pobo galego con outra para acadar uns réditos electorais.

Estes sectores “progres” están coincidindo coa defensa dun modelo de estado centralizado onde as nacións como Galiza, Euzkal Herria ou os Paisös Cataláns molestan e deben ser asimiladas. E que mellor forma de facelo que destruíndo o sinal de identidade que caracteriza a estas nacións: o idioma.

Acusan os defensores do galego de politizar o idioma, como se eles non o fixesen. Acaso situar o galego nunha situación de desvantaxe non é politizar o idioma? A suposta “liberdade de elección” non é unha forma de politización e de aproveitar unha situación de indefensión que levamos padecendo varios séculos para facilitar a desaparición do idioma que nós é propio? Os datos están aí, cada vez temos menos galegofalantes. Grazas a unha política de “doma e castración” do pobo galego implementada por un Partido Popular no goberno autonómico, ao ditado do PP estatal, que lexisla para facilitar asimilación de Galiza e paulatina desaparición do idioma.

Onde está a liberdade de elección cando os xornais, as TV e as canles de radio están practicamente ao 100% en español? Non falemos xa do incumprimento sistemático de todos os gobernos autonómicos da lexislación en materia de normalización lingüística.

Imposición, politización, a persoa de Valladolid, son argumentos absurdos que insultan a intelixencia dos que temos que escoitalos. Temos que definirnos e afrontar o problema, queremos que o idioma galego siga existindo e sexa a lingua na que se exprese o pobo galego ou queremos que desapareza e sexa substituído polo español? Esa é a cuestión que temos que decidir como pobo e non meter no medio os de Valladolid que non teñen culpa dos nosos problemas. 

En Marín, 28 de Outubro de 2014.

Pedro Cortegoso Gago

Membro do Colectivo Nacionalista de Marín


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.