1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121014 eu2015Galiza - LEG - A Liga Estudantil Galega da Coruña lanza unha ambiciosa campaña entre o estudantado universitario para socializar as inminentes reformas que van afectar ao ensino superior en todo o estado español.


“Estratexia Universidade 2015” é o nome que lle deu o goberno ao seu novo plan de reformas da educación superior e a investigación, que supón a segunda fase dos cambios que comezaron no 2010 co inicio da implantación efectiva do chamado Espazo Europeo de Educación Superior (EEES, máis coñecido como Plan Boloña) e que vai na liña de profundar o proceso de axuste da universidade ás novas demandas da economía, que foi desde o principio a esencia deste proxecto de suposta “modernización” ou, dito de outra forma, profundar na mercantilización e venda da universidade pública a prezo de saldo á grande banca e empresa. O nome do plan é o horizonte de aplicación destas reformas, é dicir, o ano 2015. Neste ano todas as licenciaturas desaparecerán para quedaren completamente transformadas polos graos. As reformas afectan todas as licenciaturas desaparecerán para quedaren completamente transformadas polos graos. As reformas afectan fundamentalmente a tres campos: gobernanza, autonomía universitaria e financiamento.

Queremos facer fincapé na gravidade destas medidas polo que pomos a disposición unha serie de artigos que pretenden servir como punto de partida para poder comprender en que consiste concretamente esta nova “estratexia universitaria”, que desenvolvemento pretende, cales son as súas causas, as súas medidas e os seus obxectivos. Tamén lanzamos un video explicativo. Non deixedes de lelos e difundilos porque, de non parar a inminente reforma, a universidade do futuro será algo moi alonxado do modelo máis beneficioso para amplas capas da sociedade.

Podes atopar máis información aquí pero deixámosche a man esta voandeira e un test

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.