1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

040914 bracoGaliza - LEG - Nos vindeiros días dará comezo un novo curso, por iso dende a Liga decidimos facer un breve repaso a todo o que fixemos no ano anterior.


Participamos nas mobilizacións contra aos recortes nas universidades públicas galegas, así como nas folgas estudantís do 24 de outubro e do 20 de febreiro. Por outra banda, apoiamos a folga no ensino nas Baleares, o peche estudantil en Belas Artes e a marcha dos #Defraugrados coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia debida a que as ensinanzas artísticas superiores deixaban de ser graos. Ademais, solidarizámonos coa compañeira de Agir que foi represaliada polo decano da súa facultade durante o seu turno de escoller as prácticas externas e internas. Participamos así mesmo, en mobilizacións e en actos contra a LOMCE da PGDEP e apoiamos o peche en Filoloxía e tamén o de Filososofía pola desaparición da Filosofía na educación. Logo,solidarizámonos coas estudantes reprimidas nas mobilizacións do día de 20N en Vigo e concentrámonos contra a supresión dos graos de Clásicas e Galega. Solidarizámonos tamén co estudante de Agir do IES Breamo (Pontedeume) ó que lle abriron un expediente no marco dun acto solidario do #8f45anos. Apoiamos á Plataforma Pro Campus no peche no Edificio de Física na procura da implantación do Grao de Enxeñería Física no Campus de Ourense. Denunciamos a creación do CESUGA polas consecuencias que ten para a Universidade Pública a creación deste centro. Como parte da PGDEP, presentamos unha carta pedíndolle ao Conselleiro de Educación que non aplique a LOMCE e participamos nun debate sobre a lei en Pontedeume.

Condenamos así mesmo, ao ataque nazi-fascista ao CS Revira e tamén a sentenza da Audiencia Nacional que afirmaba a existencia de RG e as consecuencias que isto tivo para 4 presos independentistas. Dixemos non ao desaloxo de La Madreña, "o Centro Social Okupado e Autoxestinoado" de Oviedo. Viaxamos tamén até Euskal Herria para acompañar ás compañeiras de Ikasle Abertzaleak no seu 25 aniversario.

Por outra bando no claustro da UdC sacamos un comunicado en apoio á folga 24 de outubro e denunciamos o incumprimento do regulamento no Claustro da USC e nas eleccións para formar parte do mesmo obtivemos case un terzo dos postos para a representación estudantil.

Informamos sobre as axudas que ten o estudantado e os pasos para reclamar ante a denegación dunha bolsa, posicionámonos contra os tornos da Conchi, dixemos non á retirada das tarifas reducidas do vitrasa e a subas de prezos en Renfe e na AP-9 e sobre o recorte de becas predoutorais e os problemas á hora de presentar o expediente en galego así tamén como da xustificación das faltas de asistencia por folga e creouse un blogue axuda Erasmus Galiza.

Organizamos asembleas abertas en Coruña e Pontevedra para falar sobre a situación de precariade que se vive na actualidade a causa dos recortes en ensino, así como palestras de presentacións nas tres universidades galegas, xornadas de benvida en Lugo e a proxección dun documental sobre a vida de Alexandre Bóveda ou da película Fucking Åmål para tratar de facer ver ao estudantado que a homofobia, a discriminación e a intolerancia segue nas rúas e nas aulas e apoiamos a presentación do libro Historia de Galicia en Pontevedra. Fixemos ademais palestras sobre a reforma da Lei do Aborto, as políticas migratorias, sobre Siria, Kurdistán, o desmantelamento da Sanidade Pública, o Prestige e a súa sentenza, o cerco e as cotas pesqueiras, micromachismos, o sistema educativo cubano, as claves da negociación do Tratado de libre comercio entre UE e os EUA, o "Proxecto de Lei de Seguridade Cidadá", o galego nos medios de comunicación, as oportunidades que ofrece o galego no mundo da lusofonía.

Tamén organizamos xornadas: Saídas profesionais en Dereito, a Lingua Galega, as II Xornadas da Ciencia, O retroceso en materia de dereitos, garantías e liberdades legais; Comunicación e xénero e sobre represión lingüística, ademais participamos no día da Terra no Campus de Lugo.

Así mesmo, fixemos magostos populares en Compostela e Lugo e un concerto en homenaxe a Hugo Chávez e o I Recital de poesía combativa en Pontevedra así como un ciclo de cine contra a violencia machista en Ourense. Ademais fixemos un photocall feminista e outro co lema: A alma dun pobo é a súa lingua.

Desenvolvemos unha campaña informativa sobre a universidade para o estudantado que ía realizar as probas de selectividade e outra para sobre o uso do galego na Universidade: Que non te calen e colaboramos no certame Somos a curta! e apoiamos a presentación de Cuba Información.

Creouse o "Espazo feminista da Liga", páxina coa que ter así ter un espazo dentro do estudantado para as mulleres e homes que participan do feminismo, fixemos diversas publicacións sobre a historia do feminismo, participamos no día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, apoiamos a folga de fame contra a violencia machista de Ve-la luz. Condenamos a Domingo Neira por declarar contra os homosexuais, participamos en mobilizacións do 25N, Día contra a violencia machista e na manifestación convocada pola PGDA o 9M baixo o lema "Enchamos a Quintana polos nosos dereitos sexuais e reprodutivos" e tamén tivemos unha xuntanza coa equipa reitoral ante os casos acoso nocturno USC obtendo o seu compromiso para mellorar a situación.

Sumámonos ao manifesto da Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, participamos mobilizacións contra a sentenza do Prestige, apoiamos a manifestación contra as touradas de Pontevedra, mobilizacións plataforma SOS Sanidade Pública.

Asinamos o manifesto a prol do Boicote Educativo a Israel, conmemoramos os 40 anos do 25 de abril, xunto con Mar de Lumes organizamos o acto de celebración do Newroz, conmemoramos o 66ª Día da Nakba Palestina (cando tiveron que abandonar os seus fogares por causa da ocupación de Israel) e participamos das concentracións solidarias con Palestina.

O 24 de xullo saímos á rúa para reclamar unha Galiza con expresión política propia e coa abdicación do rei volvemos lembrar que nunca o recoñecemos, que apostamos pola república. Rexeitamos a malograda decisión da RAG de homenaxear o ano que vén a Filgueira Valverde e reclamamos a disolución da corporación municipal de Compostela. Conmemoramos o 95 aniversario do Manifesto de Lugo e o aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda.

O curso que comeza seguiremos aí defendendo ó estudantado galego das agresións que sofre no día a día. Organízate coa Liga Estudantil Galega!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.