1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

14-07-29 CIG-Ensino CXT 002.mediaGaliza - CIG - Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse esta mañá diante da consellaría de Educación para exixir unha solución inmediata polo Concurso Xeral de traslados e a adxudicación de destinos e demandar a dimisión do conselleiro pola súa actuación “irresponsábel”.


No decurso da concentración a CIG-Ensino fixo entrega dun escrito dirixido ao conselleiro no que se denuncia a “desconsideración absoluta” de Educación cos preto de 8.000 profesores/as que, a data de hoxe, non coñecen o centro no que van impartir aulas o vindeiro curso, nin a data da adxudicación dos seus destinos.

A CIG-Ensino considera que a situación xerada é consecuencia da actuación “errática e irresponsábel” da consellaría de Educación e denuncia que estamos ante un “atropelo” dos dereitos do profesorado que lle está a causar “enormes prexuízos” profesionais e laborais.

En todo caso o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, matiza que “non deixa de ser un exemplo máis, e tremendamente contundente, dunha actuación persistente que ten como denominador común a falta de negociación e o desprezo ao profesorado”.  Xunto a isto denuncia que a consellaría “non se dignou, nin sequera, a convocar a mesa sectorial para informar da situación procesual do conflito e expor ante os representantes do profesorado as posíbeis saídas a esta situación”.

Ante a gravidade desta situación, a CIG-Ensino exixe a dimisión do conselleiro porque considera que “é inadmisíbel, ademais dunha irresponsabilidade absoluta” que a consellaría de Educación “tomase unilateralmente, a decisión de convocar este Concurso de Traslados, no que participaron preto de 8.000 profesores/as , en base a unha normativa que xerou controversia desde o primeiro momento e que, porén, a administración aseguraba que estaba perfectamente fundamentada a nivel xurídico, chegando a manifestar que a súa proposta era a única posíbel do punto de vista legal, o que entra en contradición coa actitude mantida, agora, ao se producir unha resolución xudicial contraria”.

Para Louzao esta actitude “trapalleira” da consellaría “está tendo e terá consecuencias irreparábeis para moito profesorado” e, a día de hoxe, “calquera que sexa a solución que adopte vai causar prexuízos ao profesorado que resulte afectado”.

Por iso, a CIG-Ensino entende que a consellaría terá que dar explicacións e asumir as consecuencias da “lixeireza” e do “desatino” das súas actuacións e considera que a primeira decisión pasa por “asumir a responsabilidade política mediante a dimisión inmediata do seu cargo como conselleiro de Educación”. A isto engade que estamos ante unha actuación dunha consellaría “á deriva”, producida desde o inicio da convocatoria do CXT “completada cun comportamento enganoso, segundo se está amosando agora, sen que poidamos acertar a saber cal é o obxectivo que persegue esta consellaría con este erro permanente”.

En consecuencia exixe que, inmediatamente a consellaría arbitre unha saída ao conflito, como única responsábel e a única causante deste “despropósito·, unha solución que non pode supor novos prexuízos a ninguén.

Considera ademais que “por hixiene democrática” o propio conselleiro ten que asumir a responsabilidade de todo o sucedido, dimitindo inmediatamente pois, ademais, “conta cunha traxectoria cargada de sentenzas contrarias ao proceder da consellaría de Educación en diferentes ámbitos, entre as cales, neste mesmo mes de xullo, están as que condenan á consellaría polo despedimento do profesorado dos CELGA e a que ditamina que non se podían ter subvencionado os centros que segregan alumando por  razón de sexo”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.