1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110214 grGaliza - LEG - Queremos bolsas de mobilidade e bolsas para a investigaçom!


Queremos bolsas de mobilidade!

Nós imos á greve o 20F! Entre outros motivos porque queremos bolsas de mobilidade. Non só porque para a nosa formación é importante aprender linguas, senón pola oportunidade de coñecer outras realidades, mellorar a nosa formación noutros eidos e ter experiencias no estranxeiro.

Pero parece que o PP se nega a darnos esta oportunidade:

Suprimiron as bolsas Séneca, polo que agora non temos financiamento para os programas de mobilidade no Estado. Poderá pedir esta bolsa só quen poida pagalo.

Redúcense os orzamentos para as bolsas Erasmus. Ao mesmo tempo, van ser só dun semestre en lugar de dous. Por se fora pouco, reducen as contías que o estudantado recibirá ao acollerse a un programa deste tipo. Seica van ser bolsas "de excelencia", cando realmente só se trata de encubrir recortes e evitar que poidamos acceder a elas.

No futuro desaparecerán este tipo de axudas por parte do Estado. Ao PP non lle gusta que nos movamos cara o exterior. Dálles medo aquelo de que "el nacionalismo se cura viajando". Igual se lles curaba o nacionalismo español.

Falan de internacionalización mentres se nos impide ir ao estranxeiro, reducindo as bolsas tamén para os convenios fóra da Unión Europea. Evidentemente, foméntase que se reciban créditos para poder obter estancias deste tipo.

Supresión das bolsas de idiomas. Para eles o único importante é sacralizar o español, o resto de linguas non teñen importancia.

Por todo isto, sobran os motivos! Nós imos á greve o 20F, ven con nós!

Queremos bolsas para a investigación!

Nós imos á greve o 20F! Entre outros motivos, porque tamén queremos ter a posibilidade de facer carreira investigadora. O desenvolvemento dunha sociedade mídese en boa medida en relación á capacidade de investigación e innovación que existe nese país. Nos últimos anos vemos como se desmantelan as nosas oportunidades para investigar.

-Dende que o Partido Popular chegou á Xunta o financiamento á I+D pasou do 1'05% (xa moi baixo) a menos do 0,8%.

-As posibilidades para obter unha bolsa son moito menores. Hai bolsas que desapareceron (como as Isidro Parga Pondal para o posdoutorado), ou que non se convocaron nalgún ano (como as FPU do Ministerio de Educación)

-Os criterios endurécense sistematicamente. Cada vez é máis complicado optar a unha bolsa predoutoral da Xunta ou ás bolsas FPU (Ministerio de Educación) e FPI (Ministerio de Economía). Tamén é máis complicado obter unha bolsa de colaboración con departamentos.

-Redúcese o número de bolsas: máis alá da desaparición, as bolsas existentes son cada vez menores. Redución das FPU nun 20%, e en maior medida incluso das bolsas de colaboración.

-As condicións son cada vez peores: dende a redución do salario das FPU até a diminución en case un 30% da contía das bolsas de colaboración con departamentos.

Neste contexto, como non se vai provocar que sexa cada vez máis complicado facer carreira investigadora en Galiza? As persoas que queremos adicarnos á investigación somos obrigadas a buscar o noso futuro no exterior ou renunciar á investigación. Unha situación que non só perxudica ao estudantado, senón tamén a un país que perde capacidade de desenvolverse.

Por todo isto, sobran os motivos! Nós imos á greve o 20F, ven con nós!

 

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.