1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

110214 letrasGaliza - Diário Liberdade - Reproduzimos o texto remetido polo historiador Bernardo Máiz Vázquez do Diário Liberdade informando da convocatória de umha assembleia com esse motivo.


A iniciativa corresponde a três professores de Ferrol constituídos em "Comisión Cidadá": Bernardo Máiz, Xosé María Dobarro e Manolo Pazo. Talvez em funçom das ligaçons políticas de alguns deles com a RAG corunhesa venha finalmente a concretizar-se a reclamaçom protagonizada durante anos pola Fundaçom Artábria (nomeadamente 2009 e 2010), que chegou a reunir-se com o secretário da RAG na altura, Xosé Luís Axeitos, sem conseguir qualquer dessa entidade a nom ser desprezo para a figura do ferrolano Carvalho.

Curiosamente, os três membros da atual 'Comisión' "esquecem" no seu relatório fazer qualquer referência ao trabalho constante da Fundaçom Artaria durante anos para o reconhecimento que agora a 'Comisión Cidadá" volta a reclamar.

Reproduzimos o texto remetido por Bernardo Máiz ao Diário Liberdade.

LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO (1910-1990)

Por obra da Sociedade Cultural Medúlio don Ricardo recibiu en Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, na que quedou manifesta a súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura. Seguiron outras homenaxes, foi obxecto de simposios e congresos. Nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990; unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome e alí se celebrou no ano 2010 o último congreso sobre el.

Mais, don Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións, foi vítima dun interesado esquecemento por manter a súa dignidade persoal e por entender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico do galego-portugués, opción diferente, pois, á oficial. Usando das súas palabras (1985) certas elites entenden que non deben realzar a personalidade dun disidente ... Que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura.

Como sinalaba a prensa do pasado día 29, mantívose ata hoxe, andados 24 anos do seu pasamento, unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país. Van tres ocasións nas que non prosperou a proposta de que a RAG dedicara as Letras Galegas a D. Ricardo Carvalho Calero, esgrevio galeguista que ao longo de seis décadas e un pouco desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, académico, lingüístico, xornalístico, docente, ..., a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas. Sen desmerecer a ninguén, entendemos que é tempo de que os grandes méritos do profesor Carvalho Calero sexan recoñecidos por una academia na que ingresara o 17 de maio do 1958.

Matinando no que vai exposto, o día 28 de xaneiro ousamos dar un primeiro paso, un chamamento na prensa a entidades culturais e veciñais, centros docentes, equipas de normalización lingüística, ..., de Ferrolterra, ás que hoxe convocamos a unha:

ASEMBLEA ABERTA
LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO
IES CONCEPCIÓN ARENAL DE FERROL
19 HORAS DO MÉRCORES 12 DE FEBREIRO DO 2014


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.