1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

erasmuuusGaliza - LEG - Tras verse obrigado a rectificar no referido ás bolsas Erasmus para o curso actual e despois de intentar botarlle a culpa a Europa, agora aumenta a polémica ao saír a resolución no BOE, hoxe 6 de decembro, da cuantía que recibirán os Erasmus para o curso actual.


O problema reside en que en dita resolución, soamente se especifica a axuda que recibirán as estudantes que foran seleccionadas segundo a Carta Universitaria Erasmus e, que á súa vez, tiveran sido beneficiarios dunha bolsa das denominadas de carácter xeral, por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2012/2013. Polo tanto aquelas persoas que non recibisen a bolsa de carácter xeral o curso anterior, polo momento, non teñen garantizado que a vaian recibir este ano xa que un "erro de forma" impediu que o Senado aceptase a emenda na que se vería aumentado o orzamento para as bolsas Erasmus. Agora estase a espera de que se volva realizar unha emenda transaccional para que dito orzamento se vexa ampliado e así se inclúan como beneficiarios tamén ao estudantado que non obtivo a bolsa xeral o pasado ano . Isto non fai máis que aumentar as dúbidas para aquelas estudantes que xa se atopan fóra e non saben con certeza se recibirán finalmente as súas bolsas, despois das múltiples mobilizacións xurdidas en Europa e logo de que dende Bruxelas obrigaran a rectificar ao ministro.Desde a Liga Estudantil Galega denunciamos a incompetencia e falta de xestión do actual goberno, que un mes despois da rectificación para as bolsas Erasmus, aínda non acadou unha solución real para todos os mozos e mozas que xa están estudando fóra neste curso e que se atopan nunha situación de incertidume sen saber se poderán contar con unhas axudas necesarias e que para os próximos anos se verán drásticamente reducidas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.