1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

021213 emgalegoGaliza - Sermos Galiza - [A.V.] A Mesa iniciou contactos con entidades de defensa do euskera e o catalán pois alumnos desas comunidades lingüísticas tamén sofren esta situación.


O caso denunciado esta semana dunha estudante que ficou sen bolsa por entregar un certificado de estudos en galego non é un caso illado. Segundo indica A Mesa pola Normalización Lingüística hai polo menos 12 estudantes galegos que "ficaron fóra do proceso para contratos predoutorais por razóns lingüísticas".

Isto é, que o feito de estar en galego algunha documentación deixounos á marxe do proceso que, segundo ten sinalado o Ministerio de Economía como argumento de defensa, ten que ser en español ou en inglés (este último non é idioma oficial no Estado español). Os alumnos son da Universidade de Vigo e de Compostela.

Solidariedade

A Mesa comunica que xa iniciou contactos con entidades en defensa do catalán e do vasco, xa que o mesmo lle aconteceu a estudantes destas comunidades lingüísticas.

A asociación en defensa do galego critica a "agresiva política contra a diversidade lingüística do Goberno español e o silencio e a pasividade da Xunta ante unha discriminación tan grave".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.