1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060913 tesouraGaliza - CIG - A CIG participou na mobilización na que se denunciou a redución orzamentaria, o recorte de salarios e de bolsas ou a suba das taxas.


Traballadores/as das tres universidades galegas, estudantes e representantes sindicais participaron este venres, coincidindo co acto de apertura do curso académico 2013-2014, nunha multitudinaria "tesoirada" na Praza do Obradoiro en contra dos recortes impostos polos gobernos do PP. A protesta, trasladouse posteriormente até o Pazo de Fonseca, onde os asistentes ao acto institucional foron recibidos con berros en defensa das universidades públicas galegas.

A famosa Praza do Obradoiro converteuse no escenario ideal no que os/as participantes na protesta conformaron unha tesoira xigante coa que representar o rexeitamento á política de recortes que ameaza a universidade pública. Con motivo do acto de apertura do curso, tamén se deu a coñecer o manifesto "Polo futuro da Sociedade Galega. Non aos recortes nas Universidades Públicas Galegas. Tesoiradas non!" e anunciouse un novo calendario de mobilizacións.

A continuación reproducimos á integra o contido do documento:

Polo futuro da Sociedade galega, non aos recortes nas Universidades públicas galegas. Tesoiradas non!

Os gobernos do PP de Rajoy e Feijóo aplican sucesivamente unha implacable política de recortes co obxecto de afundir as universidades públicas galegas. A rebaixa orzamentaria no Sistema Universitario Galego é do 20% nos últimos catro anos. O financiamento estrutural, que cobre os gastos de persoal e os gastos correntes básicos das universidades, pasou en 2013 de 290,06 M€ a 250,74 M€.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia busca un cambio de modelo que pasa polo afogo económico e a privatización das universidades, non garantindo a suficiencia financeira e que, en definitiva, vai repercurtir nos petos das familias. Afóndase tamén na intromisión na autonomía universitaria. O goberno do PP renunciou tamén a artellar unha carreira investigadora digna e con garantías de estabilidade.

A subida de taxas, pero sobre todo, a reforma Wert do sistema de bolsas expulsan do ensino superior os estudantes de familias con menos recursos. A maior esixencia nos requisitos académicos, a redución das contías das bolsas e a aplicación dunha fórmula que sementa incerteza sobre a cantidade da cartos que han recibir, provocan a exclusión de estudantado do ensino público.

O persoal das universidades galegas leva varios anos sufrindo recortes salariais cunha perda do poder adquisitivo do 25%. Paralelamente, a non reposición das vacantes provoca unha grave descapitalización das universidades e unha atención cada vez máis deficiente ás actividades docentes e investigadoras, lonxe da calidade que deberiamos perseguir. A precarización do persoal é extrema e a Xunta de Galicia vén de decidir non autorizar ningunha praza de profesorado laboral estable condenando á interinidade e a condicións laborais ínfimas ao profesorado. A fuga de cerebros, coa perda do investimento público na súa formación, está á orde do día.

A masificación nas aulas, a imposibilidade de cumprir as esixencias da reforma de Boloña por unha redución masiva de persoal e medios para prácticas e outras actividades docentes, é unha lousa na formación dunha xeración de galegas e galegos.A destrución do sistema galego de investigación realízase con asañamento. As convocatorias de recursos humanos e proxectos de investigación están practicamente paralizadas. Nos últimos catro anos o investimento en I+D en Galiza descendeu do 1,1% ao 0,96%, cando a media europea é superior ao 2%.

A mingua da calidade da docencia e, daquela, na formación superior dos galegos e galegas, así como a derruba do noso sistema de investigación non son só un problema dunha xeración ou do PDI universitario: ha pagalo toda a sociedade galega, antes ou despois, cun empeoramento das súas condicións de vida e con menores posibilidades de desenvolvemento.

Por todo isto os órganos de representación do persoal, sindicatos e colectivos asinantes chamamos a:

-Concentrarse o día 6 ás 11 h na Praza do Obradoiro para unha tesoirada contra os recortes. Únete cunha tesoira na man (de papel ou cartón) e constrúe connosco unha silueta de tesoira.

-Participar na recepción ás autoridades que acoden ao acto de inauguración de curso, expresándolles a nosa oposición a esta situación catastrófica ás 11.30 en Fonseca.

-Manifestar simbolicamente o rexeitamento aos recortes adornando os traxes académicos ou roupa con colantes alusivos no acto de Apertura do Curso Académico 2013-2014 que se celebrará o 6 de setembro ás 12,00 horas no Salón Nobre do Colexio Fonseca en Compostela.

-Explicar o alcance dos recortes por parte do profesorado cando comecen as aulas o día 9 en todos os cursos e grupos.

-Promover os Reitores un posicionamento institucional conxunto cos órganos institucionais e de representación das universidades esixindo a eliminación de todas as medidas que supoñen un ataque á autonomía universitaria e a precarización do ensino universitario, os cambios de dedicación do profesorado, un cambio radical nos orzamentos de 2014 no financiamento das universidades e na taxa de reposición e a derrogación do decreto Wert de bolsas.

CIG, CCOO, CUT, FETE-UGT, Comités, Liga Estudantil Galega, Sindicato de Estudantes, Acción Universitaria, Comité intercentros de PAS USC, Comité de empresa do PAS UdC, Comité de empresa de PDI da USC, Comité de Empresa de PDI da UdC, Comité de Empresa do PDI de Pontevedra da Uvigo, Comité de Empresa do PDI de Ourense da UVigo, XPDI da USC, XPDI da UdC, XPDI da UVigo, Xunta do PAS da USC, Xunta do PAS da UdC, Alternativa de PAS Asemblearia, Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo, Plataforma de anulados USC, Asociación de Investigadores do Programa Parga Pondal, Candidatura de 3º ciclo da UDC

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.