1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

nicolaberminghamGaliza - IES Perdouro - Nicola Bermingham, profesora do Departamento de Linguas e Estudos Interculturais da Heriot-Watt University de Edimburgo (Escocia), estará entre os días 18 e 30 do presente mes de maio en Burela para coñecer de xeito directo o Modelo de Planificación Lingüística aplicado na localidade.


A investigadora irlandesa prepara a súa tese de doutoramento baixo a dirección da profesora Bernadette O'Rourke, que estivo xa estivo en Burela entre os días 20 e 22 de febreiro para tomar contacto coa realidade a investigar.

Ademais de visitar o Instituto Perdouro, onde ten centrado o acopio de información, Nicola Berminghan coñecerá a realidade social de Burela, á que dedicará un capítulo da súa investigación, e farao coa colaboración de Matías Nicieza.

A profesora visitante coñeceu a existencia do Modelo Burela de Planificación Lingüística durante un congreso de Lingua e Literatura celebrado na universidade irlandesa de Cork (a capital da "Galicia Irlandesa") a través do relatorio presentado pola escritora ribadense Eva Moreda, que fixo mención ao audiovisual realizado por Matías Nicieza. Desde ese momento, interesouse por este tema e conseguiu interesar tamén a que sería posteriormente a súa directora de tese, a profesora Bernie O'Rourke.

Nicola Bermingham (Vigo, 1988) está licenciada en Filoloxía Española e Francesa pola Universidade Trinity College Dublín. Actualmente exerce  docencia na Facultade de Tradución e Interpretación da Heriot-Watt University de Edimburgo.

Foto: The Independent - Nicola Bermingham


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.