1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130518 wertGaliza - Praça Pública - Som ajustes mínimos, quase cosméticos. O Governo espanhol aprovou a Lei de Melhora da Educaçom (sic) com pequenos retoques e umha velada declaraçom de guerra ao autogoverno catalám e, de passagem, às línguas basca e galego-portuguesa.


A polémica Lomce que obrigava as comunidades com língua própria a pagar colégios privados àqueles alunos que quigessem estudar com o castelhano como língua veicular mantém-se, mas com mais polémica ainda. Os pais deverám ir ao ministério espanhol, que será quem se encarregue dos trámites e de fornecer o dinheiro. Depois arranjará contas com o governo autónomo, decerto descontando a importáncia das verbas autonómicas. E ao parecer nom serám quantidades menores. O ministério reserva 10% do total do orçamento para a aplicaçom da lei durante o primeiro ano, cinco milhons de euros, para impor o castelhano a umhas 1.000 crianças, segundo os seus propios cálculos.

A sétima lei orgánica de Educación da democracia saíu do Consello de Ministros unha semana máis tarde do previsto para atender ás "observacións" do Consello de Estado, cuxo ditame sorprendeu ao criticar algúns dos puntos destacados da norma, como o da obriga das autonomías de garantir a escolarización en castelán, a eliminación de Educación para a Cidadanía ou o financiamento dos colexios que segregan os nenos por sexo. Todo, malia que o Consello de Estado está presidido polo galego José Manuel Romay Beccaría, home da máxima confianza de Mariano Rajoy e valedor de Núñez Feijóo na súau chegada á Xunta e como alternativa no PP estatal.

“Fálannos de harmonía e de bilingüismo e hoxe, Día das Letras Galegas, o Consello de Ministros aproba unha lei que financia con cartos públicos a ignorancia do noso idioma; non llo consentiremos”, asegurou Carlos Callón, voceiro de Queremos Galego, que advertiu do ataque que a lei Wert supón para o galego e para o resto de linguas cooficiais no Estado. Ademais, Rosana Pérez, deputada do BNG no Congreso, destacou que "a única razón do PP para atacar a educación pública, laica, igualitaria e diversa linguísticamente é por criterios ideolóxicos cimentados na doutrina da ultra dereita”. “A  teima por implantar un novo sistema educativo débese a cuestións ideolóxicas”, di, tras anunciar que o Bloco rexeitará con rotundidade a reforma educativa.

Pero ministerio teimou nas súas medidas máis polémicas. Tamén en canto á eliminación da materia de Educación para a Cidadanía, aínda que o Consello de Estado considerara que a nova Valores culturais e sociaisnon é suficiente para substituíla porque se estudaría como alternativa a Relixión. Aquí tamén hai unha pequena trampa para solucionar esta obxección.Relixión e a súa alternativa pasan a formar parte do currículo como dúas materias optativas pero independentes, de modo que un alumno podería elixir cursar ambas as dúas. Cidadanía, que o Consello de Estado considerou que "debería ser obrigatoria nalgún momento" non será unha materia en si mesma. O Goberno mantén que os seus contidos están integrados xa noutras partes do currículo.

O financiamento de colégios que separem os nenos por sexo era outra das disposicións polémicas e tamén un dos puntos sinalados polo Consello de Estado. A  blindaxe aos centros vinculados á Igrexa nos que nenos e nenas estudan por separado estará recollidos na lei "o que deixaría sen efecto medidas como a de Andalucía de non financiar os seus concertos por esa razón", aínda que incluirá un pequeno apuntamento: que deben garantir que a educación non é diferenciada no contido, senón que as clases que se imparten son iguais para os dous sexos.

O Conselho de Estado pedira que se exigisse "umha justificaçom objetiva e razoável da exceçom geral da coeducaçom", ou seja que sejam explicados os benefícios da segregaçom, e sejam fixadas medidas académicas em prol da igualdade". Ainda que o das medidas poderia estar recolhido no apontamento, a primeira parte, a da justificaçom, parece nom ser atendida polo Governo espanhol.

O texto aprovado polo Conselho de Ministros deixa intatas algumhas das disposiçons mais polémicas do projeto. Por exemplo, a modificaçom dos itinerários que adianta a escolha de vias distintas da ESO, o novo desenho da Formación Profissional (cunha modalidade básica) e outra dual, na que os alunos estudarám boa parte do tempo en empresas.

Também ficam igual as reválidas, os exames externos aos que se submeterá aos estudantes ao final de cada etapa educativa. O Conselho de Estado aconselhara que esas provas as realizasem "funcionários públicos e em nengum caso professores contratados ou empresas privadas". Também criticara a reválida de Bacharelato, que substitui á Seletividade, e que pom em maos das universidades as provas de ingresso, algo que nom convencia ao Conselho de Estado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora