1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170513 gzGaliza - Corrente Vermelha - A crise económica que se esta levando por diante o Estado do Benestar, choca frontalmente cos dereitos políticos e culturais da poboación.


As políticas axustes e recortes afectan ao que o PP sempre considerou prescindible, a normalización do galego como a lingua de Galiza, e para iso quérennos facer crer que o idioma en Galiza é o castelán, que o galego é un invento imposto polos nacionalistas.

A Xunta do PP, pola activa coas súas medidas políticas e administrativas, e pola pasiva, a non utilización do galego para case nada, tenta cortar o cordón umbilical xeracional do uso do idioma, reducido como moito á vida familiar. Coma se fósemos "inmigrantes na nosa terra", cando un sae á vida económica, social ou xurídica, o galego desaparece, sendo o castelán o que se impón en todos os eidos da vida.

O galego non morre de morte natural, é asasinado. É unha política consciente dos que privatizan os servizos públicos para o pago da débeda publica, aproban reformas laborais e recortan os dereitos, e así aforran os diñeiros que suporía facer unha politica para a súa normalización, de discriminación positiva.

Para o reximen do 78, herdeiro do franquismo, Galiza é, como o demostran todos os acontecementos dos últimos anos, unha fonte de man de obra barata e de extracción de materias primas.

A venda da tecnoloxia de Barreras a PEMEX, co máis que anunciado peche do estaleiro, a venda de todo o sector financeiro, a crise ao redor de Pescanova, etc, únese á concesión de máis de 200 licenzas a empresas multinacionais para a mineria, nalgúns casos perigosa para a saúde ou ao peche de 94 lineas ferroviarias -iso si, chegaremos a Madrid en 4 horas-, só demostran unha cousa, o idioma se esta indo ao garete cos postos de traballo, os dereitos sociais e os servizos públicos.

A defensa da lingua galego é absolutamente inseparable da defensa dos postos de traballo, das condicións de vida e dos dereitos políticos da poboación traballadora galega (que é, oh casualidade, a que máis utiliza o idioma).

Equivócase quen crea que o idioma é algo meramente cultural, un idioma esta unido aos negocios como a uña á carne, e o idioma que se impón é o das clases dominantes, uniformizando baixo os seus criterios, que non unindo libremente, as costumes e as formas sociais; por iso a loita en defensa do galego é parte da loita polos dereitos políticos e sociais da poboación.

O Reximen do 78 baséase xusto no mantemento pola forza -segundo a Constitución, o Exército é o garante desa unidade-, e se en períodos de estabilidade social pode facer concesións, estas acábanse cando o que está en xogo é a concentración e acumulación do capital nos bancos e empresas radicadas en "España".

Neste proceso de recentralización do Estado o idioma galego non só interésalles, senón que é un estorbo, e teñen que varrelo, como varren os servizos publicos, os dereitos laborais e sociais; por iso a única maneira de conseguir a normalización do idioma –"na Galiza en galego"- é ligalo á loita polos dereitos politicos da poboación traballadora galega, ao dereito á autodeterminación, onde se decida libremente o futuro que quere para se.

Para CV este proceso enmárcase sen dúbida na loita contra o Regimen do 78, por unha asemblea constituínte que garanta todos os dereitos laborais, sociais e politicos, entre os que se inclúe a total normalizacion do galego como o noso idioma. Se "indignamos-nos" ante todas as inxustizas, que maior inxustiza que negarlle a un Pobo o expresarse no seu idioma.

Maio do 2013


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora