1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

maniflomcevigoGaliza - Adiante - Malia a semellar imposible, a situación do estudantado e da mocidade empeora cada vez máis debido ás absurdas reformas neoliberais dos gobernos europeo e Central e desde a mesma Xunta. Nestes días enfrontámonos cun 53% de paro na mocidade, e reformas como a LOMCE só contribúen a aumentalo, destrozando o xa precario sistema educativo, que nos somete a reválidas cada tres anos e nos encamiña dende os 15 anos cara á universidade ou formación profesional de forma irrevogable, que elimina historia, que pon a filosofía ao nivel da relixión, que converte -coa Estratexia Universidade 2015 nas costas- a estas institucións en empresas e resta total importancia á formación profesional.


Isto fainos reafirmarnos  na necesidade de tomar todos os medios para defender a nosa clase e rachar co seu sistema no que (sobre)vivimos. Nestas datas tense que facer real a unidade en todo o sector educativo contra estas medidas que nos afogan día a día e nos condenan a unha educación lamentable. Que nos impiden realizarnos como persoas transformándonos en mercadorías nas mans dos empresarios, que con nós xogan como bonecas, sen ter en conta as consecuencias, sen ter en conta que nós temos a forza, a ilusión e as ganas  que farán cambalear este sistema ata derrubalo.

Por isto chamamos a todo o estudantado, a toda a comunidade educativa e á mocidade en xeral a sumarse á folga deste vindeiro 9 de maio. E defender, na rúa, o que nos pertence. Defender unha educación en galego, laica, antipatriarcal, humanista, transversal e universal. Porque a educación ten que ser unha ferramenta do pobo para desenvolverse libremente, para acadar un pensamento autónomo que nos permita crecer como persoas analizando a nosa propia realidade, a pesar da vontade  dos poderosos de manternos cegas ante a barbarie do capitalismo que se fai cada vez máis insoportable. Nós, como mocidade comunista e independentista, loitamos por un futuro máis digno para todas. Non nos deixemos transformar en produtos, en mercadorías que vender e mercar. Temos que asumir o noso papel no cambio, cara á destrución deste sistema.

Estudante, ergue o teu puño e sae á rúa o día 9 de maio, demostrarémoslles quen ten o poder.

Foto: Galiza Contrainfo / Flickr - Alguns direitos reservados - Umha estudante manifesta-se contra a LOMCE em Vigo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.