1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

151012 alunosteuoscarcorralGaliza - ADEPB - A Asemblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza, aberta e participada por toda a comunidade educativa, leva mobilizándose desde o pasado curso con actividades de información e intercambio de datos en todos os centros de ensino para poñer en evidencia o que é un sistemático recorte do dereito ao ensino público nos últimos anos, da súa calidade e da súa gratuidade. Levámolo facendo en estreita colaboración e coa participación activa da comunidade educativa. De forma moi resumida podemos detallar:


RECORTES

-Supresión da ESO e o Bacharelato no IES Coroso, o que supuxo a eliminación de un gran número de prazas de ensino público na nosa comarca.

-Eliminación do sistema de gratuidade dos libros de texto, ademais da conseguinte subida do IVE dun 4% ao 21% do material escolar. O actual sistema de gratuidade solidaria (do que se beneficia tan só, e parcialmente un 70% do alumnado) resulta máis caro para a administración que o sistema de préstamo (do que se beneficiaba o 100%).

-Constátase unha redución xeneralizara de profesorado na maioría dos centros da comarca a pesar de non terse dado unha redución no número de alumnado que a xustifique.

-Non se promoven agrupamentos de alumnado con criterios pedagóxicos, senón puramente cuantitativos, como os agrupamentos “interciclos”, a través dos cales se imparten clase na mesma aula a nenos e nenas de ata tres diferentes idades e niveis.

-As reducións previstas obrigaron a interromper moitos proxectos de dinamización educativa e de mellora da calidade do ensino (bibliotecas escolares, aulas de convivencia, dinamización lingüística, TICS, etc.)

-Limitouse e suprimiuse parte da oferta de materias optativas.

-Imposibilidade de substitución de profesorado de baixa, o cal provocará a perda de horas lectivas ao alumnado.

-Un número importante de profesorado non está traballando na súa especialidade (polo tanto podemos atopar profesores de Educación Física dando Informática, ou de Inglés dando Lingua galega), o que vai en detrimento da calidade da educación.
-Diminuirase a atención ao alumnado con necesidades educativas específicas ao verse reducido o número de profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, ademais da restrición de Adaptacións Curriculares Individualizadas para aqueles alumnos con maiores dificultades de aprendizaxe.

-Produciuse un aumento de alumnado por aula sen que se producise o aporte necesario de material. Especialmente grave é o aumento de 20 a 30 alumnos/as nos ciclos formativos sen disposición de material.

-Segundo os datos recollidos, estas reducións non afectan ao ensino concertado.

NOVA LEI DE EDUCACIÓN (LOMCE)

Estas son algunhas das medidas que propón o anteproxecto da nova lei de educación:

-Nesta lei cítanse constantemente a “competitividade” e as “necesidades dos mercados”. Así, convértese a educación nun proceso mercantil.

-Trátase dunha lei que pon ao ensino ao servizo da empresa xa que introduce aos axentes privados na definición do sistema educativo.

-Implantación de probas de avaliación a nivel nacional en puntos críticos de cada etapa educativa (3º e 6º de Primaria, 4º da ESO e ao finalizar o Bacharelato). Se non se superan ditas probas no ensino secundario, non se obterá o título de Graduado en ESO e o de Bacharelato. De non superar esta avaliación, ao alumno só lle quedará o camiño da FP Básica.

-Rómpese o tronco común do ensino obrigatorio establecendo itinerarios formativos moi cedo. En 3º da ESO os alumnos deberán escoller dúas modalidades de Matemáticas, unha encamiñada a ensinanzas académicas (Bacharelato) e outra ás ensinanzas aplicadas (FP). Isto significa que os alumnos deberán escoller moi cedo se van a cursar estudios de FP ou o Bacharelato.

-Un ensino menos democrático. O Consello Escolar (no que están representadas as familias, o profesorado, o alumnado, o persoal non docente do centro e o concello) perde atribucións e deixa de ser o órgano de goberno do centro e pasa a ser un órgano meramente consultivo.

-Poderá concertarse o ensino en centros privados que segreguen por sexos.

-Ínstase a que os centros que ofrecen o Bacharelato se especialicen nunha rama, polo que haberá moitos centros que non ofrezan todas as modalidades. Este feito terá espacial impacto nas poboacións pequenas (como as nosas), xa que algúns alumnos deberán desprazarse para estudar a modalidade que desexen .

-As referencias constantes á simplificación do curriculum e a necesidade de adicar máis horas ás materias instrumentais (linguas e matemáticas), fan prever a desaparición de horas para materias como Educación Plástica, Tecnoloxía, Cultura Clásica ou Música.

-A lei foi redactada sen contar coa opinión da comunidade educativa e os movementos de renovación pedagóxica.

-Centralízanse as decisións sobre os contidos e as avaliacións, perdendo poder de decisión as Comunidades
Autónomas.

-Establécense máis trabas no acceso á universidade xa que, ademais da proba final do bacharelato, a nova lei permitiría ás universidades establecer procedementos de admisión específicos nalgunhas titulacións.

O dereito á educación é, lembremos, unha conquista social dos tempos recentes. De non levarmos a cabo unha defensa activa dun ensino público universal, gratuíto, democrático e de calidade podemos ver como, en pouco tempo, contribuímos á destrución dun sistema que levou moitos anos construír.

VINDEIRAS ACTIVIDADES

Concentración diante da Praza do Concello de Ribeira o mércores 17 de outubro ás 7 da tarde

Xuntanza no IES Félix Muriel de Rianxo o 7 de novembro ás 7 da tarde

Foto: Óscar Corral - Crianças numha escola de Teu (Compostela).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.