Galiza - AMPA Gamela - O xoves 19 de outubro está convocada unha folga de pais e nais por CONFAPA, as razóns:
Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían-, incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
Foto: Fírgoa - O Conselheiro de Educaçom da Junta da Galiza.