Os atos começaron sobre as 11h da manhá com umha assembleia de piquetes em Ciencias da Educaçóm que percorreu varias Faculdades incitando ao alumnado a manifestar-se contra os recortes em Educaçom. O grupo foi engordando, até a hora da convocatoria. Xs manifestantes reunidos lá, saíron desde a rotonda do Campus de Elvinha em direcçóm ao edificio "LERD" em que se atopa umha oficina do Banco Santander ao berro de "Banco Santander fora da UDC". Até alí seguironos umha patrulha da policía nacional e o serviço de seguridade da Universidade sem que se conheza ningúm incidente. Dentro do predio coreáronse legendas coma "Nem LOU nem Bolonha nem precariedade, empresas fora da Universidade" antes de rematar o ato no mesmo lugar onde comezou com a leitura dum manifesto em defessa do ensino público. Reproducimos a seguir o manifesto:
Mentres o Estado inxecta fondos públicos en entidades financeiras, asumindo a débeda ao conxunto dos cidadáns, a comunidade educativa ve reducido o seu presuposto nuns 3.000 millóns de euros. Como consecuencia disto, vemos como se produce un deterioro da educación en tódolos niveis, precarizando ao profesorado, reducindo as bolsas e endurecendo os criterios para acceder a elas, masificación nas aulas, incremento das taxas universitarias (especialmente a partir do 2015),... Este ataque, ameaza o carácter público e democrático da Universidade, fomentando as desigualdades sociais e devolvendo o coñecemento aos anos en que supuña un privilexio so alcanzábel para uns poucos. Todo isto, enmarcado na implementación do “Plan Boloña” (a custo cero e continuado ca “Estratexia 2015”), que troca os valores da Universidade restándolle autonomía e supeditándoa ás necesidades e demandas “do mercado”. O que nos devolve á necesidade da emigración como unha das poucas fuxidas desta situación, cando non ao endebedamento das familias que tentan dar unha educación xs seus fillxs.
O ataque neoliberal ao que a Universidade pública se está a ver sometida non pode ser minimizado, está en xogo o dereito de moitxs (dos que xa están estudando, pero tamén dos que hoxe son nenos) a poder estudar. Consideramos necesario artellar unha resposta dende a comunidade educativa, que reafirme o carácter plural e crítico da Universidade. Para nós a educación non so será pública e democrática porque a súa titularidade estea en mans do Estado, senón polo concepto que subxace á mesma, na súa estrutura organizativa e nas accións que, no seu marco se emprendan. A educación así, debe sustentarse en valores positivos, como a solidariedade, a xustiza social, a igualdade de oportunidades e a creatividade, para favorecer relacións cooperativas entre as persoas e para o crecemento persoal e profesional das mesmas, aportando ao ben común.
A educación non pode nin debe orientarse e limitarse aos requisitos do mercado e a política nacional e internacional, en tanto isto restrinxe as súas posibilidades de innovación, de transformación da sociedade, de xeración de novas respostas e de constituírse en un espazo de participación, encontro e incidencia social das novas xeracións. Polo contrario, prestaríase para estabelecer unha relación clientelar con os poderes que ditan as nosas sociedades e como un mecanismo de reprodución dos mesmos. Fronte á visión dun sistema educativo orientado á formación de traballadorxs precarixs, de pezas de recambio para as empresas, nós contrapoñemos o carácter creativo e reflexivo do alumnado, profesorado, PAS, e demais cidadáns; a potencialidade da institución académica para garantir, por medio do coñecemento a súa liberdade individual e colectiva. Isto é o que, aquí e agora debemos comezar a defender aqueles aos que xa nos cualifican como “xeración perdida”.