1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041012 wertGaliza - CUT - Neste inicio de curso continúan as políticas contra o ensino público que caracterizaron o mandato do Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez.


Morre a lexislatura que máis folgas e mobilizacións provocou no sector debido ao deterioro de servizos para alumnado e familias (comedores, bolsas de estudo) así como pola poda dos dereitos laborais das traballadoras.

O aumento da ratio de alumnado por aula, a redución de itinerarios e oferta educativa –algo que pesa sobre maneira nas escolas rurais-, así como a supresión de medidas compensatorias por falta de persoal –agrupamentos de reforzo, desdobramentos, atención ás necesidades especiais- foron actuacións da Consellería que atacan directamente a calidade da educación pública. No eido laboral, ademais dos recortes salariais como empregados públicos e o recorte de retribucións nos tres primeiros días de baixa, o aumento de horas supón que máis dun 50% de persoal interino non teña traballo no inicio do curso, e que máis de 50 funcionarios sexan chamados "substitutos de zona" por non lle adxudicaren destino. A outra cara destes axustes son as aulas saturadas e profesorado impartindo máis horas de materias afíns que da súa especialidade.

Todas estas xustificábanas perversamente co termo CRISE e mentiras orzamentarias. Nós sabemos que simplemente se trata do capitalismo salvaxe e da dereita española que rexeita de vez un sistema educativo público e de calidade. Isto último queda ben as claras coa contrarreforma educativa que vén de presentar o sinistro Wert, e se non vexamos as súas medidas para mellorar o sistema:

Segregación do alumnado a partir de 2º da ESO: medida que di ir contra o fracaso escolar pero que ten un outro fondo. O feito de separar os itinerarios académicos e laborais máis cedo non fai máis que incidir na desigualdade dentro do sistema. Hai países onde se bifurcan os itinerarios aos 14 anos como Alemaña e Suíza, -certo-, pero tamén son estes países onde se dan uns resultados menos igualitarios entre o seu alumnado condicionados, como non, polo estatus socioeconómico e familiar. Outros datos omitidos: o país que lidera o informe PISA -cando lles convén papel sacro e verdade inmutable-, Finlandia, mantén o tronco común ata os 16 anos; segundo o último informe da OCDE sobre Equidade e Calidade no ensino desenvolto en 39 estados, os bos resultados académicos veñen dados cando se conxugan estes dous termos.
Unificación dos currículos escolares : o estado aumenta a porcentaxe de contidos que fixa fronte ás competencias das nacionalidades históricas do 55% ao 65%, e no resto do territorio do 65% ao 75%. Velaquí a recentralización do ensino, o medo á diversidade propia do fascismo que tan ben expresaba o titular de La Razón ao día seguinte de se presentar o anteproxecto: "Una nación, una Educación".

Volven as Reválidas: produciríanse en 3º de primaria e ao final de cada etapa educativa, proba da falta de confianza no traballo cotiá do profesorado, na avaliación continua e formativa e mais no éxito das medidas compensatorias que se poidan desenvolver en cada centro –de existiren recursos humanos, claro.. Focalizan o ensino na adquisición competencias na superación de tests, nada da aprendizaxe a través da experiencia, nin autonomía na creación de coñecementos e pensamento crítico, polo que a avaliación se converte nun elemento que non mellora a educación, senón que serve para seleccionar alumnado na liña vista do determinismo social: facer limpeiro e idades temperás para deixaren fóra do sistema o alumnado problemático.

Subvencións aos segregadores: garanten o dereito a subvencións aos centros ultracatólicos que separa nenas e nenos. Os centros onde levan os fillos.

Autonomía e avaliación dos centros: a administración educativa quere dotar de recursos e financiamento aos centros segundo unha avaliación de resultados que aínda non se especificaron. Isto vén afondar nun sistema máis desigual, onde van existir centros de primeira e de segunda, con máis e menos recursos e que reproducirán a fotografía socioeconómica da nosa sociedade, cada vez máis inxusta.

A educación é un campo de batalla desde a noite dos tempos; sabémolo desde os esforzos republicanos pola universalidade e laicidade dun sistema educativo que deixou "sangue de mestres nas cunetas" (Pimentel). Esta contrarreforma é absolutamente regresiva: volvemos á preponderancia do determinismo social, a segregación e mais o crucifixo, afonda nas desigualdades e unicamente busca fornecer ao sistema de man de obra barata, sen conciencia de clase, dócil e pasiva. Pretende deixar unha paisaxe de terra queimada na escola pública, porque non hai cousa que lles poña máis medo que unha sociedade con pensamento crítico, formada, inqueda e que se faga preguntas. Ou construímos unha educación pública galega, laica e de calidade ou o futuro será a barbarie. É cousa de todas e todos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.