1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

011012 leverelemGaliza - aCentral Folque - O Leverelem é o primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, acomunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.


Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.

En positivo e en galego.Máis de 25 artistas galegos con propostas creadas especialmente para este festival que pretende condensar algunhas das tendencias actuais sobre as artes orais e con vocación de manterse no calendario de actividades da capital do Lérez, referente cultural dentro e fóra da Galicia.

Programa

Venres 5 outubro: Radio ao vivo

Noite 6 sábado: Noite de Variedades

*e actuacións sorpresa de animación e promoción do festival nas rúas da zona vella previas aos espectáculos no teatro a partir das 19 h

Radio ao vivo Teatro Principal Horario: 21 h Duración: 1 h

Espectáculo de Radio ao vivo aberto ao público e convidados en palco nunha sucesión de intervencións curtas e dinámicas para gravar en podcast e emitir ao mundo polr Internet. Entrevistas, pequenas actuacións, ambientación musical, a estética da publicidade nas ondas...

Presenta e conduce Xurxo Souto

 

  • Sés

  • Trioliro Regueifeiros

  • DJ

  • Paulina Ceremuzynska

  • Novos Diplomáticos

  • ConVersos

  • Aula Folque Infantil

Noite de variedadesTeatro Principal Horario: 21 h Duración: 1 h

Un espectáculo de variedades en torno á oralidade, en clave de humor, animada por comendiantes, cantantes e músico. Na noite iranse exhibindo xéneros vinculados á oralidade. Unha viaxe polos diferentes xeitos de usar a lingua para comunicarse co público, divertilo, informalo... dende a tradición até a contemporaneidade.

Presenta e conduce Quico Cadaval

 

  • Chévere

  • Cabraret

  • Paula Carballeira

  • Triateros

  • Marián Bañobre

  • Pel de Noz

     

    Foto: Cultura Pontevedra

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.