1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

050912 oralGaliza - Carta Geométrica - Non  vou  comentar aquí o evidente atraco aos veciños da Estrada que supón o incremento do 100% nos recibos do IBI (os do catastro) cando ademais xa temos asegurada unha subida posterior para o vindeiro ano doutro 20%.


Non vou comentar o caso de quen tivera que pagar un recibo de 200 € o ano pasado e pase a ter que aportar agora 400 € ou 480 para o vindeiro ano nunha situación social de características verdadeiramente alarmantes ao contabilizarmos un incremento dos parados do concello de case un 50% nos tres últimos anos.

Non o vou facer porque do que se trata nesta ocasión é de denunciar que unha vez máis as administracións públicas, neste caso a Deputación de Pontevedra, gasta os cartos dos contribuíntes en aplicacións informáticas nas que se exclúe por completo o galego. Trátase da oficina virtual para o cobro de tributos (ORAL). Claro que cando se anunciou a posta en funcionamento desta oficina virtual, explicárase que estaría dispoñible tamén en galego. E non o está.

Outra vez anunciase unha cousa e finalmente acabamos sufragando a imposición do castelán, incluso para pagar, en todos os eidos da administración pública. Con estes exemplos non é de estrañar que falar detrasladar a normalización lingüística á iniciativa privada é un insulto á intelixencia dos cidadáns.

O procedemento é sempre o mesmo. De cara á sociedade proclamamos palabras de amor e de defensa do galego. Pola contra a realidade demostra que despois se trata con desprezo e minusvaloración. En concreto neste caso simplemente bótase ao lixo e non se ten en conta máis que para destacar o caro que nos custa a normalización. Mentras, os cartos que se recaudan cada vez con máis iniquidade revirten sempre na ominipotente persistencia do español. Entón un pregúntase para que serve a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Foto: Carta Geométrica


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.