1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

060812 educGaliza - CIG - A CIG-Ensino denuncia que a consellaría segue co seu ataque ao ensino público.


A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación continúa coa súa política de ataque permanente ao ensino público. Redúcense 132 unidades e 199 postos de traballo máis en Educación Infantil e Primaria e Educación Especial, que se veñen engadir aos 993 postos de profesores e profesoras que deixarán de traballar no curso que vén, segundo se desprende das adxudicacións de Secundaria e ás 49 supresións de postos nas escolas infantís “Galiña Azul”. A CIG-Ensino considera que non deixa de ser casual que, unha vez máis, todo o que ten que ver coa redución de postos de traballo se faga público en agosto.

Os últimos datos coñecidos de supresión de 132 unidades e 199 postos de traballo en Educación Infantil, Primaria e Educación Especial implican mesmo o peche de centros enteiros, maioritariamente de Infantil. Exactamente 12 centros (2 na Coruña, 3 en Lugo, 1 en Ourense e 6 en Pontevedra) que acaban de se facer públicos mediante a publicación no DOG de hoxe 3 de agosto da Orde do 20 de xullo de 2012 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos de educación infantil, primaria e educación especial. Para levar a cabo estas reducións a Consellaría impón as rateos máximas de alumnado por aula e obrigan a realizar agrupamentos de alumnado de diferentes idades até 20 alumnos por aula, tal e como denunciabamos en xuño pasado. Neste momento son 113 as unidades que van escolarizar alumnado de diferentes idades por mor deses agrupamentos.

Anxo Louzao, Secretario nacional da CIG-Ensino afirma que “o presidente Núñez Feijoo, que alardea de que o seu goberno é un exemplo de austeridade, é o campión do desemprego, a súa lexislatura pasará á historia como a do presidente que destruíu máis unidades de ensino público e canda a elas máis postos de traballo. O que ía rematar co desemprego está sendo o responsábel do incremento do paro no sector público. Mais tamén, porque son medidas que van parellas, o campión dos ataques ao ensino público, mediante a redución de unidades, a imposición de rateos elevadas que dan lugar á masificación das aulas, a ampliación do horario lectivo do profesorado, o incremento dos agrupamentos de alumnado de diferentes idades, a redución dos departamentos de orientación e dos seus responsábeis, a redución do profesorado de atención ao alumnado con necesidades educativas, etc.

Entretanto, mantén os concertos aos centros privados, entre eles centros que segregan o alumnado por sexo e son vinculados ao Opus Dei. Esta é a política do actual goberno: o deterioro e a privatización dos servizos públicos esenciais.”

Os dados:

Unidades suprimidas

Postos de traballo suprimidos

A Coruña

26

37

Lugo

40

54

Ourense

38

68

Pontevedra

28

40

Galiza

132

199


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.