1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

040812 normalizaGaliza - Modelo Burela - Unha mostra fotográfica estará aberta de 2 de agosto a 14 de setembro no Museo Histórico de Sargadelos


Baixo o comisariado de Elisa Pérez e Alba García Pico, nunha das salas do Museo Histórico de Sargadelos móstrase a exposición fotográfica Palabra e Memoria, que se manterá aberta ao público entre os días 2 de agosto e 14 de setembro. Esta nova intervención de normalización lingüística foi inaugurada por José Carlos Rodríguez Andina, Vicepresidente do Real Patronato de Sargadelos e Xefe Territorial da Consellería de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que estivo acompañado por Alba García Pico, coordinadora das actuacións realizadas no Valadouro; Aida López Vale, que fixo o mesmo labor no Vicedo; Miguel Arce, técnico do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz; Juan Sama e Bernardo Penabade, en representación da área de innovación educativa do IES Perdouro impulsora do "Modelo Burela".

O responsable provincial de Cultura do Goberno Galego realizou un recoñecemento explícito á metodoloxía de traballo e aos logros conseguidos polo "Modelo Burela" en materia de renovación pedagóxica, de integración social e de fomento da interculturalidade. Rodríguez Andina fixo súas as palabras do Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, no sentido de que o Modelo Burela é un referente para ser adaptado en moitas outras localidades tanto por centros de ensino como por asociacións culturais, concellos e outras administracións.

En presenza de docentes dos centros de ensino de Burela así como de persoas que redactaron os documentos antologados, o profesor Bernardo Penabade explicou as liñas xerais da mostra e apoiándose nela describiu a metodoloxía das intervencións "Modelo Burela". Seguidamente, as investigadoras Aida López Vale e Alba García Pico convidaron os presentes a unha visita guiada pola exposición e incidiron especialmente nos resultados das súas investigacións e intervencións normalizadoras nos concellos do Vicedo e o Valadouro.

No transcurso do acto interviron tamén Juan Ramos, autor dun dos textos, e Oscar Pardiño Río, marmorista de Burela, que foi o encargado do deseño así como de escribir en pedra a maior parte das mensaxes recollidas na mostra.

Contido da exposición

A exposición recolle en 60 fotografías unha antoloxía dos mellores epitafios dos dous cemiterios de Burela así como dos existentes nas diferentes parroquias dos concellos do Vicedo (Santo Estevo, San Román, Negradas, Riobarba e Cabanas) e do Valadouro (Moucide, Budián, A Laxe, Ferreira, Santa Cruz, Recaré, Santo Tomé, O Cadramón e Vilacampa). As fotografías, realizadas por Pepa Losada, Aida López Vale e María Mon Geada, están acompañadas de textos explicativos e de ilustracións realizadas para a ocasión polo artista plástico Xosé Blanco.

Esta iniciativa cultural do Instituto Perdouro é un complemento divulgativo a unha extensa investigación de campo realizada desde 2005 á actualidade (sete anos consecutivos) pola área de innovación do propio centro educativo. A primeira intervención realizouse en Burela, en cuxa igrexa parroquial se celebrou unha exposición que recollía 7 fotografías da fotoxornalista Pepa Losada. Posteriormente, no Vicedo a encargada de coordinar os traballos de identificación, catalogación e exposición foi a profesora Aida López Vale; os resultados foron expostos na igrexa de Santo Estevo en febreiro de 2010. No Valadouro a coordinación estivo a cargo de Alba García Pico (Ferreira; 1984).

Esta licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, coñeceu o documental do mesmo título (Palabra e Memoria) realizado polo burelés Matías Nicieza e dispúxose a localizar, catalogar e estudar as máis relevantes inscricións funerarias dos cemiterios do termo municipal e, posteriormente, completou a súa documentación con entrevistas personalizadas a cada unha das vinte familias implicadas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.