1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

250712cursoGaliza - Que pasa na Costa - Situacións coma estas vivíronse esta pasada fin de semana na Costa da Morte. Acontecían no marco dos XXV Cursos de verán de lingua e cultura galegas, da USC e da Real Academia Galega. Uns cursos que realizaban a sesión práctica, chamada inmersión lingüística na Costa da Morte.


Foron un total de 86 estudantes de 22 estados de toda Europa os que disfrutaron dunha completa fin de semana. Organizados da man de Ana García, e guiados por dous pesos pesados da zona, como son Xosé María Lema Suárez e Alexandre Nerium, os alumnos puideron coñecer a realidade lingüística galegaa dende a nosa bisbarra.

Unha inmersión moi positiva en tódolos aspectos, pero que tamén trouxo algunha que outra aterraxe na crúa realidade galega. Se ben aquí a lingua galega é maioritaria, máis dunha vez os asistentes tiveron que pedirlle aos veciños que lles falasen en galego ante ainsistente utilización do castelán.

Visitica completa con anécdotas

Se ben algún xa coñecía a zona pois viñeran pola súa conta, quedaron encantados e mallados ca longa e completa visita. Pasaron por Muros, Carnota (visitaron o Hórreo), Fisterra (escoitaron os versos de Alexandre), Muxía, onde pararon para xantar, e remataron en Dombate. Precisamente en Dombate tivo lugar unha das anécdotas máis curiosas. Unha lección para moitos veciños da península.

Aló en Dombate, o alumnado pediunlle ao guía que fixese a visita en galego, como non podía ser doutro xeito. Nun dos dous grupos entraban tamén 3 ou 4 españois, que sen preguntar, se puxeron a protestar: “Estos nacionalistas (piiii) siempre imponiendo lo que les da la gana”…
Foi aí cando un dos xaponeses da expedición da USC explicaron o por que da exposición en galego… Os mozos españois quedaron a cadros cando viron a un xaponés entendendo mellor a situación lingüística galega que eles mesmos e levaron unha grande leccións para tomar nota de que non todo é imposición, se non normalidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.