Na primeira, a Comisión de Galiza co Galego dará conta da súa xestión e procederase á incorporación de novas persoas ao proxecto.
Debaterase sobre a importancia da constitución da Cooperativa de Ensino Popular, que permita dar escola en galego cun proxecto educativo laico, pluralista, democrático, en valores e de calidade, en calquera punto onde a cidadanía o demande.
Logo dun breve receso, procederase á apertura pública da asemblea constituínte da Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola (CEPA), promovida pola Comisión de Galiza co Galego, co fin de que todas aquelas persoas que queiran sumarse poidan facelo. Coa aprobación dos correspondentes estatutos realizarase a súa constitución; así mesmo, elixirase o primeiro Consello Reitor: a presidencia, vicepresidencia e secretaría da CEPA.
Aquelas persoas que desexen participar poden enviar os seus datos: nome e apelidos, número do documento de identidade, enderezo e correo electrónico, para poder realizar o contacto.
Enderezo de envío: comisiongalizacogalego@gmail.com
Foto:


